Os Gododdin (pronunciado en lingua galesa [ɡoˈdoðin]) foron un pobo britónico da Britannia nororiental (moderno nordeste de Inglaterra e sueste de Escocia) no período posromano de Britannia, a área coñecida como o Hen Ogledd ou Vello Norte. Resultan mellor coñecidos como o obxecto dun poema galés do século VI Y Gododdin, que lembra a batalla de Catraeth e lle atribúena o poeta Aneirin.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Lingua cúmbrica | |||
Sucedido por | Reino de Northumbria | |||
O nome Gododdin é a forma galesa moderna; deriva, vía galés antigo Guotodin da palabra britónica Votadini, testemuñada en textos gregos.[1]
Reino
Non se sabe con precisión ata onde se estendía o reino dos Gododdin, posibelmente desde a zona de Stirling ao reino de Bryneich (Bernicia), e incluía o que agora son Lothian e as Estremas da Escocia oriental. Limitaba ao oeste co reino britónico de Strathclyde, e polo norte cos pictos. Os que vivían preto de Clackmannanshire eran coñecidos como os Manaw Gododdin.[2][3] Segundo a tradición, os reis locais deste período vivían tanto en Traprain Law como en Din Eidyn (Edimburgo, aínda coñecido como Dùn Éideann en gaélico escocés), e probabelmente tamén en Din Baer (Dunbar).
Suponse que Cunedda, lendario fundador do reino de Gwynedd no norte de Gales, foi un líder militar de Manaw Gododdin que migrou cara ao suroeste durante o século V.[4]
Historia posterior
No século VI, Bryneich foi invadida polos anglos e pasou a ser coñecida como Bernicia. Os anglos seguiron a facer presión cara ao norte. Sobre o ano 600 os Gododdin ergueron unha forza de preto de 300 homes para asaltaren a fortaleza angla de Catraeth, se cadra Catterick, North Yorkshire. A batalla, que rematou en desastre para os britanos, foi lembrada no poema Y Gododdin.
En 638 Din Eidyn (Edimburgo) estaba sendo cercada e pode que caese en mans dos anglos, pois os Gododdin parece que estiveron so o poder de Bernicia por esa época. Non se sabe ata que punto substituíron a antiga poboación ou a asimilaron. Bernicia volveuse parte de Northumbria, e en 954 foi invadida polo reino danés de Jorvik (York). Pouco despois este pasou a formar parte dunha Inglaterra unificada, logo en 1018 Malcolm II puxos o dominio escocés a rexión at ao Río Tweed.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.