lingua falada en Ghana From Wikipedia, the free encyclopedia
O akan[4] é unha lingua, ou un conxunto de dialectos relacionados entre si, do grupo kwa que se fala en Ghana, foi a lingua do imperio Ashanti.[5]
Akan | ||
---|---|---|
Falado en: | Ghana, Costa do Marfil (Abron), Benín (Tchumbuli) | |
Total de falantes: | 11 millóns (2007)[1] 1 050 000 (Segunda lingua en Ghana)[2] | |
Posición: | 78 | |
Familia: | Atlántico-congolés Kwa Potou-tano Tano Tano central Akan | |
Escrita: | Latino (alfabeto twi e fante) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún. O goberno promociona a lingua en Ghana | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ak | |
ISO 639-2: | aka | |
ISO 639-3: | ambos:fat — Fantetwi — Twi
| |
Mapa | ||
Status | ||
O fante fálase na costa ao oeste de Accra, o akuapem é a lingua dos montes ao norte de Accra e o asante fálase no oeste de Ghana.
Os dialectos literarios do akan son:
Dialectos non literarios
O abrong de Costa do Marfil podería incluírse entre os dialectos akan, pero carece de forma escrita e hai a tendencia a consideralo unha lingua independente. O asante e o akuapem forman o twi.
As primeiras en dar forma escrita ao akan foron os europeos que se achegaron ás costas de Ghana, en 1673 fíxose un glosario de asante que se publicou en alemán e en 1764 realizouse unha gramática de asante que se publicou en danés, ou o dicionario Johann Gottlieb Christaller en akuapem de 1881.
Os primeiros misioneiros que se asentaron en Ghana escolleron o akuapem para publicaren gramáticas, dicionarios e literarura relixiosa, estas obras esparexéronse polo territorio asante, converténdose a escrita akuapem na utilizada no seu territorio ata os anos 1960 cando se desenvolveu a ortografía asante.[6]
Cada dialecto ten a súa propia forma escrita, aínda que o Bureau of Ghanian languages unificou as ortografías akan en 1981 pero non chegou a implementarse, de feito só se publicou un libro [7] con esa ortografía, o libro de himnos Kristofoɔ Ndwom Nwoma. O akan é unha lingua promovida polo goberno ghanés, é a lingua de ensino nos primeiros tres niveis de ensino no seu territorio tradicional, ademais fóra del funciona como lingua vehicular e é materia de ensino en todo o país.
Hai publicacións periódicas, emisoras de radio, un programa semanal na televisión e unha certa literatura, sobre todo teatro e relatos tradicionais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.