lingua From Wikipedia, the free encyclopedia
O ahtna ou ahtena é unha lingua na-dené que se fala nos Estados Unidos.
Ahtna | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Ahtena | |
Falado en: | Estados Unidos | |
Rexións: | Alasca (na rexión do río Copper) | |
Total de falantes: | 50 (2004) | |
Familia: | Dene-ieniseiano Na-dené Atapascano-eyak Linguas atapascanas Atapascano setentrional Ahtna | |
Escrita: | Alfabeto latino (variante ahtna) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Alasca[1] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | ath | |
ISO 639-3: | aht
| |
Mapa | ||
Extensión antes da colonización. | ||
Status | ||
No ano 2004 había menos de 50 falantes[3] nun grupo étnico de 500 persoas. Todos os falantes nativos son maiores de 60 anos.
Hai 8 comunidades entre na área do Río Copper, entre o río Eyak e a súa foz e o alto Susita e Nenana en Alasca.
Aínda que todos os falantes nativos son anciáns hai un aumento do interese entre os ahtena pola súa lingua, Lena Charley editou materiais para a súa aprendizaxe. En todas as escolas athna hai clases de lingua
Os primeiros estudos sobre a lingua realizounos James Kari que en 1986 publicou o primeiro libro Tatl'ahwt'aenn Nenn' (recolleita de historias tradicionais) e en 1990 o primeiro dicionario ahtna.
As autoridades das comunidades athna tentan evitar a desaparición da lingua, a escola Ya Ne Dah Ah[4] aplica un programa de inmersión lingüística en athna dende 1992 en Chickaloon, seguindo este exemplo outra escola abriu en Tazlina.
John E. Smelcer é un poeta athna que publicou en 1995 Koht'aene kenaege': Poems in the Ahtna Indian language primeira obra literaria escrita en athna.
Orixinariamente os athna vivían en comunidades esparexidas na rexión do río Copper, cada grupo era totalmente autónomo. A presenza rusa deixou poucos préstamos en athna, arredor de 50 palabras e non alterou a cultura athna, a primeira expedición americana na área data de 1885, pero ata comezos do século XX non se asentaron os primeiros colonos. Entre 1941 e 1945 construíuse unha autoestrada e os athna convertéronse en totalmente minoritarios no seu propio territorio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.