From Wikipedia, the free encyclopedia
O aché é unha lingua da familia tupí-guaraní, do grupo guaraní falada en Paraguai.
Aché Guayakí | ||
---|---|---|
Falado en: | Paraguai | |
Total de falantes: | 1 000 (censo de 2006)[1] | |
Familia: | Americana Tupí Tupí-guaraní Guaraní Aché | |
Escrita: | latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | guq
| |
Mapa | ||
Status | ||
Tradicionalmente o aché era un pobo nómade, que vivía da caza e da recolleita do mel, froitos e raíces bravas, libráronse dos contactos cos brancos ata o século XX, para evitar a persecución dos paraguaios que mesmo chegaron a cazalos como animais refuxiáronse nas selvas tropicais do oriente de Paraguai. En 1910 quedaban entre 800 e 1000, e poucos anos despois reducíronse ata os 500 por unha epidemia, en 1941 recuperáranse e chegaban a 600. A vila de San Juan de Nepomuceno era o centro principal do mercado escravista de nenos aché, vendidos ás familias que non podían ter fillos. O primeiro asentamento estableceuse en 1959, con arredor de 30 aché na Colonia Nacional Guayaki, nas beiras do regato Morotï, preto da aldea de Abai, máis tarde transferida a Cerro Morotï. Entre 1970 e 1978 as cinco comunidades nómades que quedaban sedentarizáronse. Os aché comezaron a se recuperar lentamente, e pasaron de 650 en 1981 a 883 en 1995.
Os aché vivían ata mediados do século XX na rexión oriental de Paraguai, hoxe quedan só 7 comunidades aché: Chupa Pou, Arroyo Bandera, Kuêtuvy, KuêTuwyVe, Cerro Moroti, Puerto Barra e Ypetimi
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.