Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O libro de Xosué (en hebreo, ספר יהושע, Sefer Yehoshúa) sexto dos libros da Biblia, tanto na versión xudía como nas cristiás, narra a chegada á Terra Prometida, a conquista e o asentamento do pobo xudeu no que hoxe é Palestina. Toma o seu nome de Xosué, o caudillo carismático e sucesor de Moisés que guía ao pobo nesta etapa da súa historia.
Na Biblia xudía, Xosué é o primeiro libro dos Profetas anteriores. No división cristiá, sitúase como o primeiro dos Libros históricos. Relaciónase, polo tanto, cos libros posteriores: Xuíces e Samuel, e é obra, coma estes, da escola deuteronomista.
Non falta, porén, quen faga notar a súa íntima conexión co Pentateuco, tanto porque continúa a historia do Éxodo e dálle remate coa chegada á terra prometida, como polo estilo e a presenza de relatos etiolóxicos, orientados a explica-la orixe de algo, propia do Pentateuco. Así hai incluso autores que falan dun Hexateuco, para marca-la íntima relación cos libros anteriores: "os libros que figuran entre a Xénese e o de Xosué constitúen na súa forma actual unha xigantesca obra narrativa que garda unha concatenación entre as súas partes."[1]
O libro abrangue desde a confirmación de Xosué como sucesor de Moisés ata a súa morte.
E o seu contido se divide en dúas grandes partes: conquista da terra (preparación da entrada e guerras de conquista) e repartición da terra entre as tribos.
Capítulos | Denominación | Contido | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Discurso introdutorio | Misión de Xosué Discurso de Xosúe animando á conquista | ||||||
2-9 | Conquista da Terra Prometida | Conquista de Xericó Guilgal no Xordán Celebración da Pascua, circuncisión Conquista de Ai (ruindade de Acán) Altar no monte Ebal e lectura de Lei Pacto cos de Gabaón | ||||||
10-12 | Conquistas de Sur e do Norte | Batalla contra unha coalición de cidades baixo o mando de Adonisedec Batalla das augas de Merom contra Hasor | ||||||
13-22 | As partillas da terra conquistada | Deslinde dos territorios tribais Cidades de refuxio e cidades levíticas Regreso das tribos orientais | ||||||
23 | Discurso de despedida de Xosué | Defensa da obra de Xosué e últimas recomendacións | ||||||
24 | Apéndice | Alianza de Xequem Morte e sepultura de Xosué |
O libro presenta materiais, como tradicións orais propias da tribo de Benxamín, cunha antigüidade difícil de datar, sobre estes materiais primitivos fóronse engadindo novas narracións e discursos que foron conformando o texto que coñecemos. Deste xeito, o libro actual é, basicamente, froito do traballo das catro fontes que tamén conforman o Pentateuco, aínda que predominan as tres primeiras sobre a fonte sacerdotal.
A data de composición máis probable rondaría o século VII a.C.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.