Primeiro Ministro da República Popular China From Wikipedia, the free encyclopedia
Li Keqiang (en chinés: 李克強; pinyin: Lĭ Kèqiáng), nado en Dingyuan, Anhui o 1 de xullo de 1955 e finado en Shanghai o 27 de outubro de 2023, foi dende o 15 de marzo de 2013 ata o 11 de marzo de 2023 o primeiro ministro chinés[1] e secretario do Partido no Consello de Estado da China. Ademais foi o segundo membro máis importante do Comité Permanente do Buró Político, e de facto o responsable da toma de decisións de maior rango do país.
Li foi dirixente da liga da Mocidade Comunista da China; graduouse en Dereito na Universidade de Pequín en 1982. Dende 1998 até 2004 exerceu o cargo de gobernador da provincia de Henan e entre 2004 e 2008 foi secretario xeral do PCCh na provincia de Liaoning.
Dende 2008 até 2013 Li exerceu o cargo de principal viceprimeiro ministro. Durante ese período, como man dereita do primeiro ministro Wen Jiabao, os temas da súa competencia incluían desenvolvemento económico, control de prezos, finanzas, cambio climático, e xestión macroeconómica.[2] Li era considerado como un dos integrantes da "quinta xeración" de dirixentes comunistas chineses.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.