From Wikipedia, the free encyclopedia
Caesar Flavius Valerius Leo Augustus ou León I do Imperio Bizantino (401 - 474, reinado 457 - 474), tamén coñecido como León o Tracio, foi o último dunha serie de emperadores colocados no trono por Aspar, o alano que serviu como comandante en xefe do exército. A súa coroación como emperador o 7 de febreiro de 457, foi a primeira que involucrou ao Patriarca de Constantinopla. León I fixo unha alianza coa Garda Isauria e dese xeito puido eliminar a Aspar. O prezo da alianza foi o matrimonio da filla de León con Tarasicodissa, líder dos Isaurios que se converteu en emperador Zenón en 474.
Nome orixinal | (el) Λέων A′ (la) Flavius Valerius Leo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 401 Tracia |
Morte | 19 de xaneiro de 474 (72/73 anos) Constantinopla, Turquía |
Causa da morte | disentería |
Emperador bizantino | |
7 de febreiro de 457 – 18 de xaneiro de 474 ← Marciano – León II → | |
Senador romano | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Período de tempo | Imperio Romano, Baixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) |
Familia | |
Familia | House of Leo (en) |
Cónxuxe | Aélia Verina |
Fillos | Ariadna (emperatriz), Leôncia |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Durante o reinado de León, os Balcáns foron arrasados unha e outra vez polos Ostrogodos e os Hunos. Con todo, foron incapaces de tomar Constantinopla grazas ás murallas que foran reconstruídas e reforzadas durante o reinado de Teodosio II. O seu reinado foi tamén notábel pola súa influencia no Imperio Romano de Occidente, marcada pola súa designación de Antemio como emperador romano de occidente en 467. León intentou cimentar este logro político cunha expedición contra os vándalos en 468, a cal foi desastrosa debido á traizón e incompetencia do cuñado de León, Basilisco. Este desastre esgotou o imperio en homes e diñeiro.
Mentres que o imperio de León foi ben coñecido pola súa tecnoloxía militar, tamén conduciu a avances importantes noutros campos.
León morreu de disentería á idade de 73 o 18 de xaneiro de 474.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Marciano (emperador) |
León I (emperador) | Precede a: León II (emperador) |
dinastía de León |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.