From Wikipedia, the free encyclopedia
Levante español, Levante peninsular ou simplemente Levante son termos que serven para referirse ao conxunto de comarcas españolas da costa mediterránea, en especial aquelas correspondentes á Comunidade Valenciana e á Rexión de Murcia,[1] sendo máis ou menos coincidente co sector oriental da Península Ibérica.
O topónimo non se corresponde con ningunha demarcación administrativa que abarque o seu territorio, e solápase no seu uso cos de territorios históricos e comunidades autónomas,[2] existindo un conflito terminolóxico.[3][4][5][6]
O termo non é sinónimo de Comunidade Valenciana.[4]
Actualmente non existe ningunha entidade política, territorio ou administración que englobe ou se ocupe desa zona. Desde o punto de vista da toponimia oficial, existe un Levante Almeriense, unha comarca da provincia de Almería, que abarca desde o cabo de Gata até Pulpí.[7]
Segundo a Real Academia Española o termo Levante úsase como «Nome xenérico das comarcas mediterráneas de España, e especialmente as correspondentes aos antigos reinos de Murcia e de Valencia».[1]
O termo úsase para referirse a algún aspecto común ou propio desta zona de España, xa sexa histórico, meteorolóxico ou de calquera outro tipo.[8][9][10][11][12][13]
Na década de 1930 o político alicantino Lorenzo Carbonell, do Partido Republicano Radical Socialista e daquela alcalde de Alacant, expresouse da seguinte maneira sobre o proxecto de Estatuto Regional Valenciano:[14]
Se Valencia pide un Estatuto, será para ela soa. Nin Alacant o pide nin se une a ela. Alacant máis que valenciana é levantina.
Nun informe de 1996 o Consell Valencià de Cultura –órgano consultivo en materia cultural das Cortes Valencianas– fala sobre a inconveniencia do termo Levante para referirse ao territorio da actual Comunidade Valenciana, antigo Reino de Valencia. Este informe argumenta que durante un tempo, xa no século XX, estableceuse este nome para aplacar a personalidade valenciana e evitar movementos nacionalistas, como sucedía noutros territorios. A este respecto o informe cita a Joan Fuster, personace fundamental no nacionalismo valenciano e ideólogo dos denominados Países Cataláns, dicía sobre o tema no seu libro Nosaltres els Valencians de 1962:[3]
De todo iso xurdiu, ultimamente, outra etiqueta deformadora: a de Levante. O uso que se fai dela ten unha intención incontrovertíbel. Ninguén ignora que un dos designios que a animan é, precisamente, o de retirar da circulación o termo 'valenciano' para cualificar o país. A cousa é inxuriosamente grotesca. [...] Cando alguén fala de Levante para referirse dunha maneira ou outra ao País Valenciano, non hai dúbida de que trata de escamotear a única realidade propia dos valenciáns: a oculta, a enturba ou a nega
O topónimo forma parte na actualidade do nome de diversas entidades, como:
A arte rupestre levantina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1998, formando parte da nomenclatura administrativa da Arte rupestre do arco mediterráneo da Península Ibérica.[16][17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.