From Wikipedia, the free encyclopedia
Leonor de Borbón Ortiz, nada en Madrid o 31 de outubro de 2005, é a actual princesa de Asturias e a primeira na liña de sucesión ao trono español, como primoxénita dos reis Filipe VI de España e Letizia. Ademais do de princesa de Asturias, ostenta os demais títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa española.[1][2] É ademais presidenta honorífica da Fundación Princesa de Asturias e da Fundación Princesa de Girona.[3]
Por ser filla do Rei de España recibe desde o seu nacemento o tratamento de Alteza Real[1] e dignidade de Infanta de España. Ocupa o primeiro lugar na Liña de sucesión ao Trono de España e desprazou na mesma ás súas tías, a infanta Elena, a infanta Cristina e os seus respectivos fillos e fillas.
En virtude das regulas de sucesión recollidas no artigo 57 da Constitución española de 1978 é Princesa de Asturias (cos títulos anexos de Princesa de Xirona, Princesa de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer) o día en que o seu pai ascenda ao trono, en tanto este non teña descendencia masculina; no caso de que así sexa, o irmán ou irmáns homes desprazarían a Leonor de Borbón e terían preferencia na liña de sucesión.
O 14 de xaneiro de 2006 no palacio da Zarzuela foi bautizada como Leonor de Todos los Santos polo Arcebispo de Madrid con auga do río Xordán. Os seus padriños foron os reis, Xoán Carlos I e Sofía.
As súas aparicións en público ata agora, como as da súa irmá Sofía, limítanse a tres ou catro ocasións ao ano (Inicio do curso escolar, Misa de Pascua, vacacións en Palma etc.)
A infanta Leonor asistiu por primeira vez, xunto coa súa irmá a infanta Sofía, a unha recepción oficial no Palacio Real de Madrid con motivo da vitoria da Selección de fútbol de España na Copa Mundial de Fútbol de 2010 o 12 de xullo de 2010 cos Reis, os Príncipes de Asturias e a infanta Elena.
A súa primeira aparición nun acto oficial foi o 30 de xaneiro de 2018, no Palacio de Oriente, con motivo da imposición, por parte do seu pai o rei Filipe VI, do lazo de dama da Orde do Vélaro de Ouro.[4][5][6]
O nacemento de Leonor avivou o debate público en España[7] sobre a necesidade de reformar a Constitución española para eliminar a preferencia do home sobre a muller na orde para suceder no Trono, reforma que suscita a adhesión da maioría de forzas políticas e sociais e que se converte no único punto de acordo firme entre os partidos políticos á hora de emprender unha reforma eventual da Constitución.[8]
En caso de ser reformada a Constitución neste aspecto, a Infanta podería converterse na cuarta muller que reine en España e, nese caso, prevalecería ante calquera irmán home.
O seu título completo é A súa Alteza Real, Dona Leonor de Todos os Santos de Borbón Ortiz, Princesa de Asturias, de Xirona e de Viana, Duquesa de Montblanc, Condesa de Cervera e Señora de Balaguer.
Desde o instante do seu nacemento ostentaba o tratamento de Infanta de España e desde a abdicación de Xoán Carlos I ostenta os títulos históricos dos herdeiros dos diferentes reinos hispanos:
16. Afonso XIII, Rei de España | ||||||||||||||||
8. Infante Xoán, Conde de Barcelona | ||||||||||||||||
17. Princesa Vitoria Uxía de Battenberg | ||||||||||||||||
4. Xoán Carlos I, Rei de España | ||||||||||||||||
18. Príncipe Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias | ||||||||||||||||
9. Princesa María Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias | ||||||||||||||||
19. Princesa Luísa de Orleáns | ||||||||||||||||
2. Filipe VI, Rei de España | ||||||||||||||||
20. Constantino I, Rei de Grecia | ||||||||||||||||
10. Paulo I, Rei de Grecia | ||||||||||||||||
21. Princesa Sofía de Prusia | ||||||||||||||||
5. Sofía de Grecia | ||||||||||||||||
22. Príncipe Ernesto Augusto de Hannover, Duque de Brunswick | ||||||||||||||||
11. Princesa Frederica de Hannover | ||||||||||||||||
23. Princesa Vitoria Luísa de Prusia | ||||||||||||||||
1. Leonor de Borbón, Princesa de Asturias | ||||||||||||||||
24. José Ortiz Pool | ||||||||||||||||
12. José Luis Ortiz Velasco | ||||||||||||||||
25. Carmen Velasco Gutiérrez | ||||||||||||||||
6. Jesús José Ortiz Álvarez | ||||||||||||||||
26. Eulalio Álvarez de la Fuente | ||||||||||||||||
13. María del Carmen Álvarez del Valle | ||||||||||||||||
27. Plácida del Valle Arribas | ||||||||||||||||
3. Letizia Ortiz Rocasolano | ||||||||||||||||
28. Miguel Rocasolano Cebrián | ||||||||||||||||
14. Francisco Julio Rocasolano Camacho | ||||||||||||||||
29. María Camacho Rodríguez | ||||||||||||||||
7. María Paloma Rocasolano Rodríguez | ||||||||||||||||
30. Enrique Rodríguez ... | ||||||||||||||||
15. Enriqueta Rodríguez Figueredo | ||||||||||||||||
31. María Paloma Figueredo ... | ||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.