conxunto de teorías sociais e económicas creadas polo líder bolxevique Lenin From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como leninismo o conxunto de teorías políticas, económicas e filosóficas desenvolvidas polo líder bolxevique Vladimir Ilich Lenin dentro do marxismo.[1]
O leninismo baséase na continuación do marxismo. O marxismo afirma que a clase obreira debe actuar contra a burguesía e o capital para instaurar o socialismo. O leninismo di como facelo, a través dunha "asociación" dos traballadores máis conscientes sobre a situación do proletariado, que sería un Partido Comunista que organizaría a loita.
Unha das achegas máis importantes de Lenin foi na cuestión da organización comunista. Dicía que a loita económica do proletariado só levaría a adquirir unha ideoloxía sindicalista e que a conciencia marxista e revolucionaria debían ser introducidas dende fóra. Ademais, propoñía que a clase obreira debería contar cunha vangarda revolucionaria que dirixise a loita, o Partido Comunista, co obxecto de levar a cabo a súa actividade revolucionaria. Os obxectivos do partido só poderían ser alcanzados cunha organización disciplinada coñecida como centralismo democrático.
O leninismo mantén que o imperialismo é o estado máis alto do capitalismo, e que o capitalismo só se pode vencer a través dos medios revolucionarios, pois calquera intento de reformar o capitalismo está destinado ao fracaso. Lenin cría na destrución do Estado capitalista a través da revolución proletaria, e en substituír ese Estado pola chamada ditadura do proletariado, un sistema de democracia en que os traballadores terían o poder a través de consellos chamados soviets.
A teoría de Lenin sobre o imperialismo, que tiña como obxectivo mellorar a obra de Karl Marx, explicaba un fenómeno que este non predicira: o Capitalismo que se converte nun sistema global, Marx describírao como un sistema nacional. No medio da teoría do imperialismo está a idea de que as nacións capitalistas avanzadas intentan evitar a revolución forzando que a súa sobreprodución entre nos mercados das colonias e explote os recursos destas. Isto permitía ás nacións capitalistas industrialmente avanzadas satisfacer os seus traballadores, en parte tamén a través dunha "aristocracia obreira". Como resultado, o capitalismo sería dirixido por ese sector privilexiado, representado polos partidos socialdemócratas, ata o punto de que a revolución non ocorrería nas nacións máis avanzadas, como Marx previra, senón no Estado imperialista máis débil, Rusia.
Se a revolución só se pode levar a cabo nun país subdesenvolvido, este non será capaz de desenvolver un sistema socialista. Na teoría marxista, o socialismo é o estadio que sucede ao capitalismo antes de chegar ao comunismo. Daquela, o capitalismo nese país subdesenvolvido aínda non seguiu o seu curso completo, e os poderes estranxeiros intentarán acabar coa revolución a calquera custo. Para solucionar este problema Lenin propón dúas posibles solucións:
O socialismo non pode sobrevivir só nun país pobre e subdesenvolvido. Por iso, o leninismo avoga pola revolución mundial nunha forma ou outra.
O termo leninismo (ou marxismo-leninismo) foi empregado por ideoloxías distintas para autodefinirse, cada unha das cales recoñece as súas raíces históricas no leninismo: estalinismo, maoísmo e trotskismo.
As teorías de Lenin foron unha fonte de controversia dende a súa implantación. Tivo críticas tanto na esquerda política (socialdemocracia, anarquismo, e mesmo noutros marxismos como o luxemburguismo ou o consellismo) como na dereita (liberalismo, conservadorismo, fascismo ou anticomunismo).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.