empresa galega do sector lácteo From Wikipedia, the free encyclopedia
Leite Río S.L. é a empresa máis importante dentro do holding empresarial Grupo Galego Leite Río. Factura ao ano máis de 254 millóns de euros só coas vendas de Leyma (adquirida en 2005 a Ebro Puleva) e Leite Río.
Leite Río SL | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Localización | Rúa da Agricultura, 27003 Lugo Galiza |
Fundador | Xesús Lence |
Industria | Alimentación |
Produtos | Leite e derivados |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xesús Lence (Castroverde, 1940), inicialmente perito de profesión, monta no ano 1963 cun crédito de 300.000 pesetas a que sería a súa primeira empresa: unha estación de servizo no Corgo (Lugo).
Debido ás débedas que un transportista de leite tiña con el,[1] faise co seu negocio (dous camións e tres cisternas) e nun par de anos xa transportaba leite de Francia a todas as centrais de España.
Despois do éxito no transporte de leite, lánzase a envasar e comercializar o seu propio produto, co que nace en 1975 a empresa Refrileche. A novidade que implanta esta empresa no sector é o uso de tanques de frío e cisternas, o que supón unha mellora no sistema de recollida e distribución.
Posteriormente, xorde Lácteos Lence S.L. creada no ano 1981, e adicada ao envasado, que constitúe o seguinte paso da compañía cara a integración vertical na produción láctea. No ano 1998 muda de nome e pasa a chamarse Leite Río S.L. Neste período experiméntase un amplo crecemento da produción e a capacidade pasa de 25.000 litros semanais a 700.000 litros semanais.[1]
Tamén comeza a diversificarse cara ós zumes de froitas e cara ó mercado das augas. Ademais, implantáronse melloras no sistema e continúan os convenios con gandeiros (incluíndo novas medidas de hixiene do gando ou subvencións para os tanques de frío).
A modo de curiosidade, como xa ten manifestado en varias ocasións, Xesús Lence chegou ó sector lácteo por casualidade: "Non muxín unha vaca na miña vida". O máis cerca que estivo dunha foi nunha sesión fotográfica para a revista Gigantes cando presidía o Leite Río Breogán. "Pedíronme que me acercase e que lle tocase un corno, pero os cornos dábanme moitísimo medo".
Leite Río conta con diversos formatos de produto, e cada un deles desglósase nas liñas de "desnatado, semidesnatado e enteiro".
O proceso de elaboración de Leite Río segue os seguintes pasos:
Leite Río S.L. é unha empresa láctea galega, líder do sector, sendo a empresa que máis leite ao ano procesa de toda Galicia,[2] que así mesmo é a principal comunidade produtora de leite en España. Trátase da empresa de capital nacional máis importante da provincia de Lugo.
Dende o ano 2005, dispón de catro plantas de envasado, dúas no Polígono Industrial do Ceao (Lugo) outra en Láncara e outra en Arteixo (A Coruña); nas que traballan arredor de 94 persoas.
A facturación de Leite Río tivo unha evolución ascendente que se mantivo ata o ano 2010, cando as vendas se retraeron un 2,6% respecto do ano anterior. A raíz da ampliación da capacidade da súa planta do Polígono do Ceao, a empresa espera acadar unhas vendas 210 millóns de euros.
Áreas de servizo:
Centros de negocios e servizos:
Hoteis e restaurantes:
Empresas loxísticas:
Envasado de auga:
Breogán é a terceira entidade deportiva de Galicia e transformouse no máximo expoñente lucense do deporte de alta competición.[3]
Leite Río S.L. tamén patrocina ao club de baloncesto C.B. Sarria, o Leite Río Cidade de Lugo de Piragüismo e apoia eventos desta índole xeralmente con sede en Lugo. Ademais de no deporte, tamén colabora con institucións públicas como Cruz Vermella.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.