grupo galego de música tradicional From Wikipedia, the free encyclopedia
Leilía é un grupo de pandeireteiras galegas nado no verán de 1989. Seu nome provén dun termo aplicado ao retrouso das cantigas populares.[1]
Leilía | |
---|---|
Orixe | Galiza |
Período | 1989 – 2023 |
Xénero(s) | Música tradicional galega |
Membros | Felisa Segade Montse Rivera Mercedes Rodríguez Patricia Segade Ana Rodríguez Rosario Rodríguez |
Na rede | |
http://www.leilia.net | |
Pertencen á xeración de mozos e mozas, ligados aos grupos folclóricos, que desde os anos oitenta percorreron as aldeas galegas recompilando músicas e bailes tradicionais. Mercedes Rodríguez, Montse Rivera e Felisa Segade facían parte da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos. Felisa impartía, ademais, aulas de canto e pandeireta en Cacheiras. Alí entrou en contacto coas irmáns Ana e Rosario Rodríguez, e con elas configurouse o grupo no verán de 1989.[2]
En 1992 unha selección do seu traballo de recompilación foi publicada na colección Fonoteca 92 de El Correo Gallego e no ano 1994, cos froitos das recollas de campo, publicaron o seu primeiro disco Leilía, un álbum de pouso etnográfico que mudou o panorama da música galega de raíz, pois até daquela esta asociábase principalmente á gaita, e non existían grupos de pandeireteiras que actuasen por si propias, separadas das formacións folclóricas.
A este primeiro traballo discográfico seguíronlle outros catro, e multitude de concertos, espectáculos e recoñecementos, nunha longa carreira de máis de trinta anos.[3]
En 2023, durante a xira Vidas Cantadas, anunciaron a súa despedida dos escenarios.[4]
En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.[5]
En 2024 foron Medalla Castelao.[6]
Ano | Título | Detalles | Selo discográfico |
---|---|---|---|
1992 | Leilía |
|
Editorial Compostela |
1994 | Leilía |
|
DiscMedi Blau |
1998 | I é Verdade, I é Mentira |
|
Virgin Records |
2003 | Madama |
|
DiscMedi Blau |
2005 | Son de Leilía |
|
Autoedición |
2011 | ConSentimento |
|
Fol Música |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.