From Wikipedia, the free encyclopedia
Le De Forest, nado en Council Bluffs (Iowa) o 26 de agosto de 1873 e finado en Hollywood o 30 de xuño de 1961, foi un inventor estadounidense con aproximadamente trescentas patentes rexistradas, entre as que destaca o tríodo, primeiro dispositivo amplificador e orixe do posterior desenvolvemento da electrónica baseada nas válvulas sen carga.[1]
De Forest naceu en 1873 en Iowa, mais creceu en Talladega, Alabama, onde enviaran o seu pai, ministro relixioso, para reorganizar unha escola negra. Foi un lugar solitario para o neno, que, privado das habituais relacións xuvenís, dispuxo de moito tempo para ler. O seu pai interveu directamente na educación do neno, coa esperanza de orientalo á vocación relixiosa.
Con todo, De Forest prefería a ciencia e mostrou ter grande aptitude para ela, construíndo baterías e motores que eran de calidade profesional. Na Escola Científica Sheffield, de Yale, recibiu estímulo o seu talento, e permaneceu alí ata obter o doutoramento en 1899.
Durante toda a súa vida creou unha idea potencialmente lucrativa tras outra, pero a falta de perspicacia comercial impediulle sacar proveito do froito do seu xenio. O crecemento excesivo da compañía que creara acabou por provocar a bancarrota, pero De Forest recobrouse rapidamente.
O mozo inventor casou en 1908, aínda que tivo unha lúa de mel moi ocupada. Coa súa esposa foi a París, e alí instalou un transmisor telefónico na parte superior da Torre Eiffel. Ao seu regreso aos Estados Unidos, foi asediado polas solicitudes dos seus inventos que lle facían persoas de todas as clases sociais. Construíu antenas nos teitos dos rañaceos e instalou o seu equipo electrónico de amplificación sonora (micrófonos) nos teatros e no Metropolitan Opera House.
Continuaban a saír ideas do prolífico cerebro de De Forest. Entre os seus moitos inventos, obtivo as patentes dun bisturí, o circuíto oscilador de alta frecuencia, o radioteléfono, os sistemas de trasmisión e recepción de radio, os sistemas de comunicación dos trens, un altofalante, a célula fotoeléctrica, a cámara de cine a proba de ruídos e un aparello de televisión e de televisión en cor. En 1923 demostrou no Teatro Rivoli de Nova York, o seu proceso Phonofilm para as películas sonoras.
Foi en 1906 cando De Forest inventou o tríodo. O obxectivo de De Forest era descubrir un método para amplificar as ondas e ao mesmo tempo, controlar o volume do son. Construíu unha delgada faixa de arame de platino, dobrouna en zigzag e colocouna entre o filamento e a placa. Despois encerrou todo o aparello nunha lámpada de vidro.
Por inventar o tríodo e a revolución tecnolóxica que este creou é considerado o "Pai da Electrónica", xa que antes do tríodo, a electrónica limitábase basicamente a converter a corrente alterna en corrente continua, ou sexa, só se construían fontes de alimentación. Con todo, coa creación do tríodo sen carga, veu a amplificación de todo tipo de sinais, sobre todo as de son, a radio, a televisión e outros numerosos inventos. Isto fixo que a industria deses equipos tivese un crecemento tan grande que xa na década posterior a 1930 se cuñou por primeira vez a palabra "electrónica" para referirse á tecnoloxía destes equipos emerxentes.
Dificilmente consideraríase que retorcer un delgado fragmento de arame e inserilo nunha lámpada fose un incidente que conmovese ao mundo; con todo, iso é literalmente o que fixo Le De Forest ao inventar o tríodo, que está considerado como un dos vinte inventos máis importantes da historia da humanidade polo seu papel na orixe da electrónica.
En 1908 transmitiu música de fonógrafo dende a Torre Eiffel, alcanzando os 800 quilómetros de distancia, e xa en 1910 realizou a primeira transmisión dunha ópera en vivo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.