Leborín, Barxa, Celanova
lugar da parroquia de Barxa, no concello de Celanova From Wikipedia, the free encyclopedia
lugar da parroquia de Barxa, no concello de Celanova From Wikipedia, the free encyclopedia
Leborín é un lugar da parroquia de Barxa no concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. Tiña 32 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 14 eran homes e 18 mulleres.
Leborín | |
---|---|
Parroquia | Barxa |
Concello | Celanova |
Coordenadas | 42°10′48″N 7°56′12″O |
Poboación | 19 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sitúase a 1,4 km da OU-540 e a 1,2 km da autovía AG-31, que o comunica con Ourense. A construción da autovía provocou impactos no medio natural, como a substitución dos camiños cara aos muíños do río Ourille por pontes sobre a estrada. O curso fluvial baixa encaixado entre esas dúas vías de comunicación.
A primeira mención documental de Leborín é do ano 997, onde se fala do lugar de Leporin. O 17 de xaneiro celébrase a Festa do Santo Antón. Lugares da aldea son Gandarela, Cástal, Pedreira, Illó, Escola, Praza, As Cabanas ou A Capela.
No poemario Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez (1880), no poema "Cartas Perdidas", Gregoria de Leborín escribe a Marcos da Portela cunha temática costumista, intimista e de denuncia social (anticlericalismo).
Neste lugar agochouse Benito Cancela Rodríguez -alcalde de Celanova pola Fronte Popular logo das eleccións xerais de 1936-, logo de que a Garda Civil asaltase a Casa Consistorial o 20 de xullo de 1936, logo do Alzamento Nacional.
Lugares da parroquia de Barxa no concello de Celanova (Ourense) | |
---|---|
Amedo | Barxa | A Barxiña | Fonte Cuberta | A Lampaza | Leborín | San Pedro |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.