From Wikipedia, the free encyclopedia
A vida de Lazarillo de Tormes; e das súas fortunas e adversidades[1] (orixinal en castelán La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades), coñecida popularmente como Lazarillo de Tormes, é unha novela da literatura española de autoría anónima. Foi escrita en primeira persoa e encádrase no estilo epistolar (como unha soa e longa carta), cuxas edicións máis antigas das que se ten constancia datan de 1554.
Lazarillo de Tormes | |
---|---|
Título orixinal | La vida de Lazarillo de Tormes |
Autor/a | valor descoñecido |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Xénero(s) | novela picaresca |
Data de pub. | 1554 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta de forma autobiográfica a vida dun neno, Lázaro de Tormes, no século XVI, dende a súa nacenza, pasando pola súa infancia miserable e a súa voda, até a idade adulta. É unha obra precursora da novela picaresca por elementos tales como o realismo, a narración en primeira persoa, a estrutura itinerante, o servizo a varios amos e a ideoloxía moralizante e pesimista.
O Lazarillo de Tormes é un bosquexo irónico e desapiadado da sociedade da época, da cal amosa amosa os seus vicios e comportamentos hipócritas, sobre todo os dos cregos e relixiosos. Hai diferentes hipóteses acerca da autoría: probablemente o autor simpatizase cos postulados de Erasmo. Isto motivou que a Inquisición a prohibise e que, máis tarde, permitise a súa publicación pero expurgada. A obra no volveu ser publicada integramente até o século XIX.
Os seus tradutores foron Pablo Cano, Iván Enríquez e Iria Sobrino a partir do texto fixado no orixinal castelán por Alfredo Rodríguez[2].
A súa publicación en 2019, nunha edición bilingüe galego-castelán, foi posibles grazas á colaboración entre o grupo de investigación de Didáctica das Linguas e Culturas da Universidade da Coruña co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.