aliaxe de cobre e cinc From Wikipedia, the free encyclopedia
O latón[1] é unha aliaxe de cobre e cinc. As proporcións de cobre e cinc poden variar para crear unha variedade de latóns con propiedades diversas.[2] Nos latóns industriais a porcentaxe de cinc mantense sempre inferior ó 50%. A súa composición inflúe nas características mecánicas, a fusibilidade e a capacidade de conformación por fundición, forxa, troquelado e mecanizado.[3] En frío, os lingotes obtidos poden transformarse en laxes de diferentes espesores, varelas ou cortarse en tiras susceptibles de estirárense para fabricar arames. A súa densidade tamén depende da súa composición. En xeral, a densidade do latón rolda entre 8,4 g/cm³ e 8,7 g/cm³.[4] O seu punto de fusión está entre os 900 e os 940 °C, dependendo da composición.
No presente, case o 90% do latón é reciclado.[5] Aínda que o bronce é unha aliaxe de cobre con estaño,[6] algúns tipos de latóns denomínanse 'bronces'.[7] O latón é unha aliaxe que se utiliza para decoración debido a que o seu brillo dá un aspecto similar ó do ouro, para aplicacións en que se require baixa fricción, como fechaduras e válvulas, para fontanaría e aplicacións eléctricas, e, cumpridamente, en instrumentos musicais como trompetas e campás, ademais de pratos de baixo custo polas súas propiedades acústicas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.