parroquia civil do concello de Valdoviño From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Lago é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño, na comarca histórica de Trasancos. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.139 habitantes (586 mulleres e 553 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.054 habitantes. Conta cunha superficie de 11,8 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Lago | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Lago | |
Concello | Valdoviño[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°35′38″N 8°09′50″O |
Área | 11,8 km² |
Poboación | 1.085 hab. (2019) |
Densidade | 91,95 hab./km² |
Entidades de poboación | 22[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A orixe do nome venlle dado por ser nesta parroquia a lagoa da Frouxeira, incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia e considerada Zona Húmida de importancia Internacional polo Convenio de Ramsar.
A igrexa de Santiago de Lago é un templo de estilo barroco levantado no século XVIII, con planta rectangular, dúas capelas laterais, ábsida e sancristía. Na súa fachada principal, merece especial atención o fornelo sito sobre a súa portada, coa imaxe do Santo e, no seu interior, sito no seu altar maior, gárdase un retablo barroco.
Lugares da parroquia de Lago no concello de Valdoviño (provincia da Coruña) | |
---|---|
O Barreiro | A Bouza da Cabra | Broño | O Canteiro | Castido | O Castro | Fraguizón | Lanzós | A Lóngara | Mosende de Abaixo | Mosende de Arriba | O Muíño | O Outeiro | Pazos | A Pena | O Penido | Poi | Santo André | Soutullo | A Torre | Viansil | O Vilar de Lago |