Labios (xenitais)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Labios, na anatomía feminina humana, son dobras de pel existentes na vulva. Tras a puberdade, así como a vulva, cúbrense polos pelos pubianos.

Existen dous tipos de labios vaxinais:

  • Labios maiores (labia majora) e os
  • Labios menores (labia minora), tamén chamados de ninfas.

A denominación dos labios como maiores e menores nalgunhas ocasións é cambiada por labios externos e internos, xa que non é o tamaño o que os determina.[1]

Existen nunha gran variedade de tamaños e formas, e teñen intumescemento cando a muller está sexualmente excitada.

Os labios menores localízanse internamente aos labios maiores (por veces, os labios menores son máis longos que os labios maiores, expandíndose para fóra destes), e esténdense do prepucio do clítoris até debaixo da vaxina, envolvendo o orificio vaxinal e a abertura da uretra.

Os labios varían de cor de individuo para individuo, en xeral acompañando o ton de pel, porén poden mudar de cor ao longo da vida dunha mesma muller.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.