La dolce vita

From Wikipedia, the free encyclopedia

La dolce vita

La dolce vita (traducible dende o italiano como "a vida doce" ou "a boa vida")[4] é un filme italiano de 1960 dirixido e escrito por Federico Fellini que obtivo o Oscar ao mellor vestiario no 1961, sendo nomeado a catro deles, incluíndo director e guión orixinal, e a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes do 1960.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
La dolce vita
Thumb
Marcello Mastroianni e Anita Ekberg nun fotograma da película.
Ficha técnica
Título orixinalLa dolce vita
DirectorFederico Fellini
Produtor
  • Giuseppe Amato
  • Angelo Rizzoli
Guión
  • Federico Fellini
  • Ennio Flaiano
  • Tullio Pinelli
  • Brunello Rondi
  • Sen acreditar:
  • Pier Paolo Pasolini
Intérpretes
MúsicaNino Rota
FotografíaLeo Catozzo
MontaxeColumbia Pictures
Estudio
  • Riama Film
  • Pathé Consortium Cinéma
  • Gray Films
Distribuidora
  • Cineriz (Italia)
  • Pathé Consortium Cinéma (Francia)
Estrea 5 de febreiro de 1960
11 de maio de 1960[1]
16 de setembro de 1995 (TVG)
Duración
  • 174 minutos
  • 180 minutos (USA)
Orixe Italia
Francia
XéneroDrama, Comedia
Recadación
  • 19,5 millóns de dólares (USA)[2]
  • 13 617 148 entradas (Italia)[3]
  • 2 956 094 entradas (Francia)[3]
Na rede
Filmaffinity: 357320 Allocine: 4459 TCM: 80526 TV.com: movies/la-dolce-vita
Pechar

Estreouse subtitulado en galego o 16 de setembro de 1995 na TVG.[5]

Sinopse

Carente dunha trama no seu sentido tradicional e estruturada de xeito episódico, narra os acontecementos da vida de Marcello Rubini (Marcello Mastroianni), angustiado xornalista do corazón mergullado de cheo nos excesos da vida nocturna da clase alta romana e das estrelas dos medios, como a actriz Sylvia (Anita Ekberg). As desenfreadas e exuberantes esmorgas dos ricos romanos contrastan coa escena central do falso milagre da aparición da Virxe, na que moreas de xente humilde acoden desesperadas ao lugar onde se supón que se apareceu para pedirlle diversos favores, vítimas da ignorancia e do engano.

Filme profundamente pesimista, está ateigado de escenas antolóxicas, como a de Anita Ekberg dentro da Fontana di Trevi, ademais de ser unha sátira implacable da sociedade do seu tempo.

Como curiosidade pódese citar que o termo paparazzi para designar aos fotógrafos pesados e carentes de escrúpulos deriva dun personaxe do filme, Paparazzo, amigo de Marcello e que representa ese tipo de reporteiro fotográfico.

Personaxes

  • Marcello Mastroianni como Marcello Rubini
  • Anita Ekberg como Sylvia Rank
  • Anouk Aimée como Maddalena
  • Yvonne Furneaux como Emma
  • Lex Barker como Robert
  • Magali Noël como Fanny
  • Alain Cuny como Steiner
  • Nadia Gray como Nadia
  • Annibale Ninchi como pai de Marcello
  • Walter Santesso como Paparazzo
  • Valeria Ciangottini como Paola
  • Riccardo Garrone como Riccardo
  • Ida Galli como debutante do ano
  • Audrey McDonald como Jane
  • Gloria Jones como Gloria
  • Alain Dijon como Frankie Stout
  • Enzo Cerusico como fotógrafo
  • Nico como Nico

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.