From Wikipedia, the free encyclopedia
La Voz del Agro foi un semanario editado en Chantada entre 1928 e 1932.
La Voz del Agro | |
---|---|
Fundación | 1928 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Chantada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Apareceu o 10 de outubro de 1928 co subtítulo Semanario independiente. Foi o seu fundador e propietario Jesús Fernández Taboada e estaba dirixido por Benito Rivadulla Pascual, sendo o seu administrador Virgilio Ledo Santoandré e despois Antonio Noguerol Eyré. Posteriormente foi dirixido por Daniel Vázquez Campo, José Vázquez Gómez, Jesús García Varela e Eloy Rodríguez Fernández. Entre os seus colaboradores estaban Antonio Estévez Cao, Modesto Prieto Camiña, "Pepe Brigos" e "Xan de Quintela". Defensor dun agrarismo técnico e conservador, propugnou a modernización técnica da agricultura.
Tivo varias reaparicións e cambios de orientación. Foi multado en outubro de 1929.[1] Interrompeu a súa publicación en 1929 a causa da persecución por unha campaña contra a corporación de Chantada por unhas polémicas obras. Reapareceu o 1 de xuño de 1930 como El Agro, e pasou a editarse en Palas de Rei. En decembro de 1930 volveu editarse en Chantada cunha orientación republicana e autonomista, e foi voceiro da ORGA. Incluíu colaboracións literarias. Cesou a súa publicación co número 153, o 13 de marzo de 1932.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.