Kremlin de Moscova
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Kremlin de Moscova (ruso: Московский Кремль, transliterado: Moskovskiy Kreml') é un conxunto de edificios civís e relixiosos situado no centro da cidade de Moscova, na beira do río Moscova que pasa polo sur, da Praza Vermella no leste e do Xardín de Alexandre no oeste.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
(ru) Московский Кремль | ||||
Tipo | Kremlin distrito histórico atracción turística edificio da administración pública residencia oficial ponto de referência (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Kremlin e Praça Vermelha (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Moscova, Rusia e Tverskoy, Rusia (pt) | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 27,5 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1990 (14ª Sesión) | |||
Patrimonio cultural federal de Rusia | ||||
Patrimonio cultural federal de Rusia | ||||
Tsarskaya Tower (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1420 | |||
Cronoloxía | ||||
3 de maio de 2023 | Kremlin drone attack (en) | |||
Actividade | ||||
Uso | residencia oficial | |||
Páxina web | kreml.ru | |||
O máis coñecido dos kremlins rusos e inclúe catro palacios e catro catedrais, agrupados no interior dun recinto delimitado pola muralla do Kremlin, que inclúe as torres do Kremlin. O seu nome transformouse dende a época da Unión Soviética en sinónimo do goberno de Rusia, de xeito semellante a coma ocorre coa Casa Branca para o goberno dos Estados Unidos de América.
Nos séculos XI e XII era un poboamento eslavo, cunha pequena cidadela, a morada fortificada do boiardo da localidade Kuchka. Na antigüidade a palabra "kreml" úsabase para denominar a parte amurallada no centro dunha vila. En 1147 fíxose mención de Moscova por vez primeira, polo 1156 escavouse un foso e erixiuse unha muralla de terra. Para finais do século XII construíuse un forte amurallado arredor da colonia de mercadores e artesáns que se congregaban en Moscova coma nun refuxio. Daquela, toda Moscova ocupaba unha terceira parte da área do actual Kremlin. En 1238 a cidade púxose ás hordas mongois e no século XIII, mentres o país se recuperaba da devastación feita polos tártaros e os mongois, Moscova gañaba prominencia.
A comezos do século XIV Moscova acada a posición de capital do principado. No Kremlin constrúese unha fortaleza de pedra branca e pasa por un período de reconstrucións radicais:
De 1344 a 1346 decoráronse todas as igrexas con frescos e iconas. Baixo as ordes do príncipe Dmitri Donskoi ergueuse a xigantesca fortaleza de pedra branca con nove torres. A construción rematou en dous anos. A finais do século XV o Kremlin converteuse no centro da cultura rusa. O principado converteuse no Moscovia. Os douscentos anos de loita para unificar a Rusia culminaron co nacemento do estado centralizado máis grande de Europa. Durante os séculos XV e XVII construíronse os monumentos arquitectónicos que se conservan até os nosos días. A construción transformou o Kremlin, dándolle unha imaxe senlleira e tan común a todo o mundo:
No século XVII os vellos edificios do Kremlin modifícanse e sométense a unha restauración xeral. Durante as varias invasións a Rusia (1605-1618), enfraquecida polo chamado Tempo de Dificultades, as tropas da Mancomunidade de Polonia-Lituania tomaron Moscova e mailo Kremlin do 27 de setembro de 1610 ao 4 de novembro de 1612, até que foron expulsados polo alzamento patriótico de Rusia. De 1635 a 1656 constrúense as Cámaras do Patriarca e a pequena Igrexa dos Doce Apóstolos. O incendio de 1710 destruíu todos os edificios de madeira da parte noroeste do Kremlin.
En 1713, Moscova cede o sitio á nova capital, San Petersburgo, e o Kremlin pasa a ser residencia temporal da corte tsarista. De 1776 a 1788 ergueuse o Senado. En 1812, as forzas de Napoleón ocuparon o Kremlin. Entre 1815 e 1835 realízanse obras de restauración cos mellores arquitectos da época: O. Bové, K. Rossi e D. Gilardi. De 1838 a 1850 construíuse o Gran Palacio do Kremlin e de 1844 a 1851 ergueuse no outeiro do Kremlin la Armaría.
Logo da Gran Revolución de outubro de 1917, Moscova volveu ser a capital. En marzo de 1918 o goberno soviético trasladouse dende Petrogrado a Moscova e ocupou o Kremlin. O Kremlin fechouse aos visitantes. Os vellos mosteiros (Chúdov e da Ascensión) foron demolidos e substituídos por un edificio do goberno (1932—1934). En 1935 a aguia bicéfala foi retirada das torres do Kremlin para se substituír en 1937 polas estrelas de rubís (dimensión:3-3,75 metros).
De 1946 a 1958 restauráronse as catedrais, pazos e outros monumentos arquitectónicos do Kremlin. En 1961 construíuse o Palacio de Congresos.
Desde 1955 o Kremlin fica aberto ao público e en 1990 inclúese na listaxe de Patrimonio Mundial da Unesco.
En 1991 foi fundado o Museo Estatal de Historia e Cultura do Kremlin. Consta da Armaría, a Catedral da Asunción, a Catedral do Arcanxo Miguel, a Catedral da Anunciación,o Museo das Artes Aplicadas e Uso Corrente de Rusia do século XVII, o conxunto do Campanario de Iván o Grande e outros monumentos arquitectónicos.
No complexo arquitectónico atópanse tres edificios que son usados como residencias oficiais do presidente da Federación Rusa: o Palacio do Senado, o Gran Palacio do Kremlin e maila Escola Militar ou edificio nº 14.
A Praza das Catedrais é o corazón do Kremilin. Áchase arrodeada de seis edificios, incluíndo as tres catedrais:
Hai, ademais, dúas igrexas pertencentes aos Patriarcas Metropolitanos de Moscova:
A outra grande estrutura é o Campanario de Iván o Grande, na esquina nordés da praza, o cal marca o centro exacto de Moscova e conta cunha lapa eterna sempre acesa. Completado en 1600, ten unha altura de 81 metros. Até a Revolución Rusa, era a estrutura máis alta da cidade, xa que estaba prohibida a construción de edificios cunha altura superior á do campanario. Conta con 21 campás dispostas para soar a alarma en caso dun ataque inimigo.
A estrutura non relixiosa máis antiga do Kremlin é o Palacio das Facetas (1491), o cal contén os tronos imperiais rusos. Foi mandado construír por Iván III (o Grande). O seguinte por orde de antigüidade é o que fora o primeiro fogar da familia imperial rusa, o Palacio dos Terems. O palacio orixinal foi construído en época de Iván III, mais a maior parte do mesmo data do século XVII. O Palacio dos Terems e mailo Palacio das Facetas están ligados grazas ao Gran Palacio do Kremlin. Este foi mandado construír por Nicolao I en 1838. É a meirande estrutura do Kremlin, custou a suma de 11 millóns de rublos para a súa construción e máis dun billón de dólares para a súa renovación na década de 1990. Contén ademais do apartamento privado do tsar, o andar inferior da igrexa da Resurrección de Lázaro (1393), que é a estrutura existente máis antiga do Kremlin e de toda Moscova.
A esquina nordés da praza áchase ocupada polo Arsenal, que foi construído en época de Pedro o Grande en 1701.
A sección noroeste conta coa Armaría do Kremlin. Construída en 1851 a estilo do Neorrenacemento, sendo actualmente un museo.
Monumentos
A verba Kremlin adóitase empregar para se referir ao goberno da Unión Soviética (1922-1991) e aos seus membros de maior rango (como xenerais, secretarios, xefes de estado, presidentes, ministros e membros do comisionado). Do mesmo xeito que Downing Street refírese ao goberno inglés, o Eliseo ao goberno francés, a Moncloa ao goberno de España, La Moneda ao goberno de Chile ou a Casa Branca fai referencia ao goberno dos Estados Unidos. Até certo punto Kremlin séguese a empregar para se referir á política de Rusia. Kremlinoloxía refírese ao estudo da política Soviética.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.