Satélite artificial soviético. From Wikipedia, the free encyclopedia
Kosmos 137 (Космос 137 en ruso), tamén denominado DS-U2-D Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 21 de decembro de 1966 mediante un foguete Kosmos desde a base de Kapustin Yar xunto coa sonda lunar Luna 13.[2][6][8]
Kosmos 137 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 21 de decembro de 1966, 13:12 GMT[1][2][3][4][5] |
Foguete portador | Kosmos[2][6] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da magnetosfera terrestre e as partículas cargadas.[2] |
Decaemento | 23 de novembro de 1967[1] |
NSSDC ID | 1966-117A |
Masa | 295 kg[7] |
Kosmos 137 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-D. Estaba adicado a facer observacións das partículas cargadas e da magnetosfera terrestre, observacións que serían continuadas máis tarde polo segundo membro da serie, o Kosmos 219. Kosmos 137 foi inxectado nunha órbita inicial de 1720 km de apoxeo e 230 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,8 graos e un período de 104,4 minutos. Reentrou na atmosfera o 23 de novembro de 1967.[1][3][7]
Kosmos 137 obtivo o espectro de protóns na parte interior do cinto de Van Allen e medíu o exceso de radiación ó longo da súa órbita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.