Coxíidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos coxíidos (Kogiidae) é unha familia de cetáceos odontocetos que inclúe dúas especies viventes, o cachalote pigmeo e o cachalote anano, e tres especies extintas.[1]
Coxíidos Kogiidae Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Tamaños do cachalote pigmeo e o home | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
especies | |||||||||||||||
|
Algunhas clasificacións no recoñecen esta familia e sitúan ao seu único xénero, Kogia, na familia dos fisetéridos,[2][3] dentro da submailia dos Koginae Gill, 1871, pero hoxe está aceptado este grupo como familia Kogiidae Gill, 1871.[4]
Descrición
Estes cetáceos caracterízanse por teren a boca en posición ventral en relación ao cranio, a diferenza dos delfínidos e a maioría dos demais odondtocetos. Non teñen dentes no maxilar superior, e o inferior presenta dentes cónicos. Ao igual que o cachalote, posúen espermaceti no melón.
O tamaño do seu corpo é pequeno, en comparación có doutros cetáceos (entre 3 e 3,5 m), e especialmente co do seu máis próximo parente, o cachalote.[5] e bastante repoludo, cunha aleta dorsal pequena, falciforme, e a caudal cunha incisura media lixeira, a as pectorais anchas e curtas, situadas en posición moi adiantada. Presentan unha falsa galada detrás da súa cabeza, que é de forma cuadrangular.[6]
Distribúense por todos os océanos do mundo, en augas profundas cerca das costas.[6]
Taxonomía


A familia só conta cun xénero e dúas especies actuais:
Familia Kogiidae
- Subfamilia Kogiinae
- Xénero Aprixokogia †
- Aprixokogia kelloggi †
- Xénero Kogia
- Kogia breviceps (Blainville, 1838) – cachalote pigmeo
- Kogia sima (Owen, 1866) – cachalote anano
- Xénero Praekogia †
- Praekogia cedrosensis †
- Xénero Aprixokogia †
- Subfamilia Scaphokogiinae
- Xénero Scaphokogia †
- Scaphokogia cochlearis †
- Xénero Scaphokogia †
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.