Quiosco Alfonso
edificio na cidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
edificio na cidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O Quiosco Alfonso[1], Kiosco Alfonso[2] ou Quiosco Afonso é unha sala de exposicións da cidade da Coruña. Realiza todo tipo de exposicións, artísticas, informativas, fotográficas, de deseño industrial e gráfico, arquitectónicas, holográficas etc... así como outro tipo de actos, como conferencias, mesas redondas, edicións de catálogos. Está situado en pleno centro da cidade, nos Xardíns de Méndez Núñez
Quiosco Alfonso | |
---|---|
Edificio | |
Tipo | Sala de exposicións |
Estilo | Modernista |
Enderezo | Xardíns de Méndez Núñez 3 15003 A Coruña |
Coordenadas | 43°22′05″N 8°24′04″O |
Construción | |
Inicio | 1912 |
Remate | 1915 |
Remodelación | 1926, 1931, 1934, 1982 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Rafael González Villar |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio construíuse na zona en que se situaban os quioscos de refrescos dos Xardíns de Méndez Núñez. Era un pavillón alongado (5×46 metros), semellante aos existentes Pavillón Lino e A Terraza.[3]
Foi deseñado por Rafael González Villar en 1912 en estilo modernista con dous corpos e dúas escaleiras exteriores.[4] Foi inaugurado en 1913. O Quiosco Alfonso recibe o seu nome do rei Afonso XIII, para conmemorar unha visita que fixo á cidade.[2] O mesmo arquitecto realizou a primeira ampliación en 1926,[5] en 1931 o pechamento da terraza da primeira planta coa que desapareceu a fachada orixinal modernista[5] e en 1934 a reforma do primeiro andar.[5]
Ao longo da súa historia foi café, sala de espectáculos e cine. Dende 1982 é sala de exposicións municipal, para o que se fixo unha nova reforma por parte de Xosé Manuel Casabella.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.