From Wikipedia, the free encyclopedia
Katherine Wilson Sheppard, nada como Catherine Wilson Malcolm en Liverpool (Inglaterra) o 10 de marzo de 1848 e finada en Christchurch (Nova Zelandia) o 13 de xullo de 1934, foi a máis destacada membro do movemento sufraxista de Nova Zelandia.
(1905) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Catherine Lopez garcia 10 de marzo de 1847 Liverpool, Reino Unido |
Morte | 13 de xullo de 1934 (87 anos) Christchurch, Nova Zelandia |
Lugar de sepultura | Addington Cemetery (en) |
Actividade | |
Ocupación | activista polos dereitos das mulleres, editora, xornalista, economista, activista política, suffragette, sufraxista |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | William Lovell-Smith (1925–) |
Irmáns | Isabella May |
Descrito pola fonte | A Biographical Dictionary of Women Economists (en) , (p.396-401) >>>:Kate Sheppard (Catherine Wilson Sheppard, née Malcolm) |
Sheppard naceu en Inglaterra e emigrou a Nova Zelandia coas súa familia en 1868. Alí converteuse nun membro activo de varias organizacións relixiosas e sociais, incluída a Woman's Christian Temperance Union (WCTU). En 1887 foi nomeada superintendente nacional da WCTU para o sufraxio e a lexislación, posto que empregou para avanzar na causa do sufraxio feminino en Nova Zelandia.
Kate Sheppard promoveu o sufraxio feminino organizando peticións e reunión públicas, escribindo cartas á prensa e mantendo contactos con políticos. Foi a editora de The White Ribbon, primeiro xornal operado por mulleres en Nova Zelandia. Grazas á súa hábil escritura e a súa persuasiva oratoria, defendeu con éxito o sufraxio feminino. Os seus panfletos Ten Reasons Why the Women of New Zealand Should Vote e Should Women Vote? contribuíron á causa. Este traballo culminou cunha petición con 30 000 sinaturas a favor do dereito ao voto das mulleres que foi presentada no parlamento e a extensión do sufraxio ás mulleres que se fixo realidade en 1893. Como resultado, Nova Zelandia converteuse no primeiro país que estableceu o sufraxio universal.
Sheppard foi a primeira presidenta do National Council of Women of New Zealand, fundado en 1896, e axudou a reformar a organización en 1918. Ao final da súa vida, viaxou ao Reino Unido e axudou ao movemento sufraxista británico. Cando a súa saúde empeorou volveu a Nova Zelandia, tralo que continuou a involucrarse en escribir sobre os dereitos das mulleres, aínda que menos activa politicamente. Faleceu sen descendentes en 1934.
Sheppard está considerada unha importante figura da historia de Nova Zelandia.[1] Dende 1992 o seu retrato aparece no billete de dez dólares.[2][3][4] O programa de televisión de 2005 New Zealand's Top 100 History Makers situou a Sheppard como a segunda neozelandesa máis importante de todos os tempos, despois de Ernst Rutherford.[5] Igualmente, The New Zealand Herald seleccionou a Sheppard como unha dos dez maiores neozelandeses en 2013.[6]
En 1972, o libro de Patricia Grimshaw Women's Suffrage in New Zealand identificou a Sheppard como a figura líder do movemento sufraxistas. Foi o primeiro libro que o afirmou e a súa publicación marcou un crecemento no recoñecemento da vida e do activismo de Sheppard.[7]
Kate Sheppard Place, situada no recinto do parlamento en Wellington, recibe ese nome na súa honra. En 2014, en oito interseccións próximas ao lugar colocáronse semáforos en que Sheppard aparece representada na luz verde.[8]
O 8 de marzo de 2018, coincidindo co Día Internacional da Muller e en celebración do 125.º aniversario do movemento sufraxista, o New Zealand Football renomeou o principal torneo de copa feminino como Kate Sheppard Cup.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.