filme de 1960 dirixido por Gillo Pontecorvo From Wikipedia, the free encyclopedia
Kapò é un filme de 1960 dirixido por Gillo Pontecorvo. É unha coprodución entre Italia, Francia e Iugoslavia ambientada na época do Holocausto. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 33ª edición dos premios.[3]
Kapò | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Kapò |
Director | Gillo Pontecorvo |
Produtor | Franco Cristaldi Moris Ergas |
Guión | Gillo Pontecorvo Franco Solinas |
Intérpretes | Susan Strasberg Laurent Terzieff Emmanuelle Riva Didi Perego |
Música | Carlo Rustichelli |
Fotografía | Aleksandar Sekulović |
Distribuidora | Cineriz |
Estrea | 29 de setembro de 1960[1] 25 de xullo de 2020 (TVG) |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Italia Francia Iugoslavia[2] |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Estreouse subtitulado en galego o 25 de xullo de 2020 a través da TVG.[4]
Edith, de 14 anos, e os seus pais xudeus son enviados a un campo de concentración, onde estes últimos son asasinados. Sofia, unha presa política, e un amable médico do campo salvan a Edith dun destino semellante ao darlle unha nova identidade non xudía: a da recentemente falecida Nichole Niepas.
Segundo pasa o tempo, Edith endurécese coa vida brutal. Primeiro, vende o seu corpo a un garda alemán a cambio de alimentos; despois establece unha amizade con outro garda, Karl. A confraternización axúdaa a converterse nunha kapo (prisioneiro a cargo doutros). Así, Edith prospera, mentre que a idealista Sofia se volve cada vez máis feble.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.