Remove ads
poeta místico e santo indio do século XV From Wikipedia, the free encyclopedia
Kabir ou Kabīr[1] foi un poeta místico e santo indio do século XV, cuxos escritos, segundo algúns estudosos, influenciaron o movemento bhakti do hinduísmo. Os versos de Kabir atópanse na obra Guru Granth Sahib do sikhismo.[2][3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1398 Varanasi, India (pt) |
Morte | 1518 (Gregoriano) (119/120 anos) Maghar, India (en) |
Lugar de sepultura | Maghar (en) |
Relixión | Hinduísmo |
Actividade | |
Ocupación | tecelán, filósofo, poeta, escritor |
Movemento | Bhakti (pt) e Sant Mat (en) |
Enaltecemento | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
O nacemento de Kabir permanece arrodeado de misterio e lenda. Dise que foi descendido dende Satlok (Ceo) e colocado sobre unha flor dun lago, onde unha parella non casada decidiu levalo a casa. Kabir non naceu de mulller, senón que descendeu do ceo en forma de bebé. Hai pouca dúbida de que a súa vida comezase como musulmá, pero máis tarde foi influído fortemente polo asceta hindú Ramananda.[5]
Kabir é coñecido por ser crítico tanto co hinduísmo como co islam, afirmando que o primeiro foi guiado mal polos vedas, e cuestionando os seus ritos de iniciación como o upanayana ou a circuncisión, respectivamente.[2][6] Durante a súa vida foi ameazado por hindús e musulmáns polas súas ideas.[7]:4 Cando faleceu, os hindús e os musulmáns que inspirara reclamárono como un dos seus.[3]
O seu legado sobrevive e continúa a través do Kabir panth ("camiño de Kabir"), comunidade relixiosa que o recoñece como o seu fundador e é unha das seitas de Sant Mat. Os seus membros coñécense como Kabir panthis.[8]
Fiador, tecedor e artesán da India, foi criado por unha parella musulmá sen fillos que o atoparon preto do lago Lahara Tara nas inmediacións de Benarés onde viviu o resto da súa vida. A orixe do seu nacemento está rodeado por unha aura de lenda. Outra versión di que foi o fillo abandonado dunha viúva Brahmin que foi adoptado pola parella musulmá.
A tradición di que casou con Loi e tivo dous fillos, Kamal e Kamali. Disque o emperador Sikandar Lodi, enfurecido porque Kabir non o reverenciaba, o aprisionou e torturou mais que finalmente o liberou pola súa sagacidade e intelixencia.
Segundo algúns, foi iniciado polo asceta do vishnuísmo Ramananda Swami e, aínda que era analfabeto, os seus poemas transmitíronse oralmente. Máis de 500 dos seus versos permanecen no Guru Granth Sahib.
Empregou un método socrático, dirixíndose a todos os seres humanos sen distinción de casta, sexo, raza, relixión ou ocupación enfrontándose cos gobernadores invasores mogois, sabios e sacerdotes hindús do seu tempo.
Predicou a unidade esencial de todas as relixións e foi crítico co hinduísmo e o islam, sobre os seus ritos sen sentido e repetición descoidada de mantras, como di no poema:
“ | Non estou no templo nin na mesquita, nin no santuario da Meca, |
” |
Do hinduísmo aceptou as ideas de reencarnación e a lei do karma, mais rexeitou a idolatría, o ascetismo e o sistema de castas. Do islam acolleu o concepto dun único deus e da igualdade de todos os varóns.
Os seus poemas altamente metafóricos aplícanse a unha filosofía universal. Insistiu na simplicidade e franqueza cara á aproximación ao divino; para el, Deus era a manifestación de todo o espiritual e o material e o achegamento cara a Deus o deber e o pracer de todo ser vivo:
“ | O Señor está en min, o Señor está en ti, |
” |
Cóntase nunha lenda que aínda se ensina nas escolas indias, que cando morreu, estoupou unha disputa entre musulmáns e hindús que se enfrontaban polo seu cadáver. Cando abriron o cadaleito, estaba baleiro e no seu lugar atoparon un libro en que os dous bandos escribiron todas as máximas que puideron lembrar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.