From Wikipedia, the free encyclopedia
KTM AG (anteriormente KTM Sportmotorcycle AG)[1][2] é un fabricante austríaco de motocicletas e coches deportivos, propiedade de KTM Industries AG e do fabricante indio Bajaj. Formouse en 1992 pero a súa fundación data de principios de 1934. Hoxe, KTM AG é a empresa matriz do Grupo KTM.
KTM | |
---|---|
Sede de KTM en Mattighofen | |
Matriz | KTM Industries AG (50.67%)
Bajaj Auto International Holdings BV (49%) Public Float (0.33%) |
Localización | Mattighofen, Austria |
Fundador | Hans Trunkenpolz e Ernst Kronreif |
Industria | Motocicletas, Automóbiles |
Produtos | Motocicletas, coches deportivos |
Na rede | |
https://www.ktm.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
KTM é coñecida polas súas motocicletas de montaña (enduro, motocrós e supermoto). Dende finais dos anos 90, expandiu a súa produción a motocicletas de estrada e coches deportivos, principalmente o X-Bow. En 2015, KTM vendeu case tantas motos de estrada como de montaña.[3] A produción do KTM X-Bow comezou en 2007.
Dende 2012, KTM foi o fabricante de motocicletas máis grande de Europa durante catro anos consecutivos.[4][5] Globalmente, a empresa está entre os fabricantes líderes en motocicletas de montaña.[6][7] En 2016, KTM vendeu 203,423 vehículos mundialmente.[8]
É o fabricante dominante dos últimos anos no Campionato Mundial de Motocrós.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.