Remove ads
escritor mexicano From Wikipedia, the free encyclopedia
Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno, máis coñecido como Juan Rulfo ( pronunciación (axuda · info)), nado en Xalisco o 16 de maio de 1917 e finado na Cidade de México o 7 de xaneiro de 1986 foi un escritor, guionista e fotógrafo mexicano, pertencente á xeración do 52.[1] A reputación de Rulfo aséntase en dous pequenos libros, El Llano en llamas, composto de dezaseis relatos, e a novela Pedro Páramo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno 16 de maio de 1917 Sayula, México (pt) |
Morte | 7 de xaneiro de 1986 (68 anos) Cidade de México |
Causa da morte | morte natural |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, filme e fotografía |
Ocupación | escritor, novelista, fotógrafo, guionista, cantante |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | elem.mx… |
|
Juan Rulfo foi un dos grandes escritores latinoamericanos do século XX. Nas súas obras combina realidade e fantasía en accións desenvolvidas en escenarios mexicanos. As súas personaxes representan e reflicten os estereotipos do lugar cos seus grandes problemas socioculturais entretecidos co mundo fantástico. A obra de Rulfo, e sobre todo Pedro Páramo, marca o fin da novela revolucionaria, o que permitiu as experimentacións narrativas como no caso da xeración do medio século en México ou os escritores pertencentes ao boom latinoamericano.
Orfo de pai aos sete anos, catro anos despois finou a súa nai. En 1929 trasladouse a San Gabriel e viviu coa súa avoa e posteriormente no orfanato Luis Silva en Guadalaxara. En 1933 tentou ingresar na Universidade de Guadalaxara pero ao estar en folga, optou por trasladarse á Cidade de México e asistiu como ouvinte ao Colegio de San Ildefonso. En 1934 comezou a escribir os seus traballos literarios e a colaborar na revista América.
A partir de 1938 viaxou por algunhas rexións do país en comisións de servizo da Secretaría de Gobernación e comezou a publicar os seus contos máis relevantes en revistas literarias. Desde 1946 dedicouse tamén á fotografía, realizando composicións notables. Traballou para a compañía Goodrich-Euzkadi de 1946 a 1952 como axente viaxeiro.
En 1947 casou con Clara Angelina Aparicio Reyes, coa que tivo catro fillos (Claudia Berenice, Juan Francisco, Juan Pablo e Juan Carlos). De 1954 a 1957 foi colaborador da Comisión del Papaloapan e editor no Instituto Nacional Indigenista na Cidade de México.[2]
En 1930 participou na revista México. En 1945, publicou, para a revista Pan en Guadalaxara os contos La vida no es muy seria en sus cosas, Nos han dado la tierra eMacario. Establecido na Cidade de México en 1946 publicou o conto Macario na revista América. En 1948 publicou La cuesta de las comadres e en 1950 Talpa e El Llano en llamas. En 1951 a revista América publicou o conto ¡Diles que no me maten! e en 1955 publicouse Pedro Páramo.
Entre 1956 e 1958 escribiu a súa segunda novela, El gallo de oro, que non foi publicada ata 1980.[3]
Logo de concluír as súas dúas novelas, Rulfo abandonou a escritura de libros. En 1974, durante un diálogo con estudantes na Universidade Central de Venezuela, Rulfo xustificou ese abandono coa morte do seu tío Celerino, que "lle contaba todo".[4] O tío Celerino realmente existiu e con el, Rulfo recorreu moitos lugares escoitando as súas historias, que eran consideradas como fantasiosas.[4] O escritor Enrique Vila-Matas, no seu libro Bartleby y compañía, describe esta xustificación como unha das máis creativas que se coñecen.[5] Para o escritor César Leante, Rulfo quixo evitar a repetición de evocar a crueldade e a dor expresadas en El Llano en llamas e Pedro Páramo.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.