sindicalista anarquista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Monzo Ríos, nado na Tenencia (Sada) en 1906 e morto en Sada o 19 de xuño de 1938, foi un sindicalista anarquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Sada, España |
Morte | 19 de xuño de 1938 (31/32 anos) Sada, España |
Causa da morte | suicidio |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político |
Membro de |
De novo tivo que emigrar a Nova York. Na volta compaxinou os labores do mar, ao pertencer a unha familia mariñeira, co activismo sindical.
En novembro do 1930 fundou o Centro Cultural Obrero, que daría lugar un ano máis tarde ao Sindicato de Oficios Varios de Sada, inserido na CNT, do que sería presidente. Coa proclamación da República, en 1931, crea o Grupo Anarquista Luz, que se adheriría á Federación Anarquista Ibérica, sendo substituído no 1935 polo grupo Nueva Vida, tamén integrado na FAI. De feito José Monzo pertenceu á sección radical do movemento libertario. Constancia diso deixóunola ao participar no congreso de sindicatos do 12 de febreiro do 1935 en Santiago de Compostela, que daría lugar á saída da dirección da Confederación Rexional Galaica dos militantes moderados, entre eles o dirixente José Villaverde Velo, sendo el un dos asinantes do manifesto no que se propuñan as bases para o desenvolvemento do anarquismo galego segundo os preceptos faístas. A súa participación na folga xeral do 1933 custaríalle unha tempada na cadea.
Dedicouse tamén á oratoria, destacando, á parte dos mitins que pronunciou en Sada, aquel que, xunto a outros representantes do movemento libertario galego, ofrecera na praza de touros da Coruña co gallo das primeiras sospeitas do alzamento.
No comezo da guerra, José Monzo e Juan Antonio Suárez Picallo organizarán, xunto a José Púbul, o alcalde Antonio Fernández Pita e o exalcalde e galeguista Justo Rodríguez, a resistencia contra as tropas franquistas. Mais pouco tardaría en caer a vila de Sada, o 23 de xullo, baixo a columna dirixidas por Oliete.
Monzo agocharíase, nun comezo, na súa propia casa, para máis tarde fuxir do acoso da Garda Civil e esconderse no faiado dunha amiga da familia. Finalmente ten que deixar Sada e cruzar a ría, agochándose en Miño e máis tarde nos illotes do Cabrón e Carboeira, situados fronte a Perbes e Pontedeume, respectivamente. A familia aproveitaba a súa condición mariñeira para levarlle provisións, mais finalmente enfermou e houbo regresar a Sada, onde, o 19 de xuño do 1938, optou por rematar coa vida antes de que llela arrebatasen os fascistas, aparecendo o seu cadáver na estrada de Fontán e sendo soterrado no cemiterio do Fiunchedo.
No ano 2003 o Concello de Sada decidiu darlle o seu nome á rúa na que viviu. No 2007, aparecería tamén na placa que un grupo de veciños situaron na devantita localidade en homenaxe ás vítimas da represión franquista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.