Antonio Fernández Pita, nado en Fontán (Sada) en 1888 e fusilado na Coruña o 27 de novembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Fontán, España |
Morte | 27 de novembro de 1936 (47/48 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Sada | |
1932 – 1936 (destitución) ← Justo Rodríguez Pérez – Emilio Molina Carreño → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mariñeiro |
Traxectoria
Emigrou cando novo aos Estados Unidos de América, onde participou activamente en diferentes empresas culturais e políticas da colectividade sadense. Así, no 1913 participou na fundación da Sociedad Sada y sus Contornos en Nueva York, que máis tarde financiou a construción das escolas do mesmo nome na vila de Sada.
Retornou antes da proclamación da II República Española e traballou como mariñeiro. No 1931 entrou a formar parte da corporación municipal coma concelleiro pola ORGA e 1º Tenente de Alcalde.
Trala dimisión de Justo Rodríguez Pérez no 1932, foi proclamado alcalde de Sada, cargo que ocupou ata o 1936. Durante este período haberíase enfrontar á oposición reaccionaria, pero tamén ao movemento anarquista. O 18 de xullo ordenou a requisa de armas, que dirixiron Juan Antonio Suárez Picallo e José Monzo Ríos.
Coa toma de Sada polos falanxistas, o día 23, foi apreixado e conducido a Betanzos, de onde foi liberado días despois. Detido novamente e trasladado á Coruña, foi sometido a un Consello de Guerra Sumarísimo e condenado a morte por rebelión militar, pena que se executou o 27 de novembro de 1936.
Véxase tamén
Bibliografía
- Fernández Prieto, Lourenzo; et al. (2011). A represión franquista na comarca da Coruña. Santiago de Compostela: Laiovento. p. 88. ISBN 978-84-8487-288-7.
- Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y Guerra Civil en Galicia, Ediciós do Castro (en castelán).
- Lamela, Luís (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, Ediciós do Castro (en castelán).
- Lamela, Luís (2008). Antonio Fernández Pita: un alcalde fusilado por el franquismo, Ateneo Republicano de Galicia (en castelán).
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.