Joseph Fiennes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Joseph Fiennes

Joseph Twisleton Wykeham Fiennes, nado o 27 de maio de 1970 en Salisbury, é un actor inglés de cine, teatro, televisión e voz.

Traxectoria

É fillo da novelista Jennifer Lash e do fotógrafo Mark Fiennes, e irmán do tamén actor Ralph Fiennes. Tamén é primo terceiro do explorador Ranulph Fiennes.

É coñecido sobre todo polo teatro (traballou para a Royal Shakespeare Company) e por interpretar o propio Shakespeare en Shakespeare in Love (1998), película que obtivo 13 nomeamentos nos Óscar dos que gañou sete, incluído "Mellor Filme".

Coprotagonizou xunto a Jude Law a película Enemy at the Gates (2001), onde interpretou a Danilov, un comisario político de segunda clase asignado a Stalingrado. Un ano despois traballou en Killing Me Softly e en 2003 foi o protagonista de Luther. En 2004 protagonizou The Merchant of Venice.

En televisión foi o protagonista da serie Flashforward (2009-2010).

Joseph Fiennes formou parte do elenco de American Horror Story para a súa segunda tempada, Asylum, que se estreou nos Estados Unidos o 17 de outubro de 2012. Xunto a Jessica Lange, Adam Levine, Zachary Quinto e Evan Peters, entre outros.

En 2017 interpretou a Fred Waterford na serie de televisión The Handmaid's Tale, baseada no libro O conto da criada da autora Margaret Atwood.

Filmografía

Cine

  • Stealing Beauty (1996) – Christopher
  • Shakespeare in Love (1998) – William Shakespeare
  • Elizabeth (1998) – Robert Dudley, Earl of Leicester
  • Martha, Meet Frank, Daniel and Laurence (1998) – Laurence
  • Forever Mine (1999) – Manuel Esquema/Alan Riply
  • Rancid Aluminium (2000) – Sean Deeny
  • Enemy at the Gates (2001) – Comisario Danilov
  • Dust (2001) – Elijah
  • Leo (2002) – Stephen
  • Killing Me Softly (2003) – Adam
  • Sinbad: Legend of the Seven Seas (2003) – Proteus (voz)
  • Luther (2003) – Martin Luther
  • The Merchant of Venice (2004) – Bassanio
  • The Great Raid (2005) – Maior Gibson
  • Man to Man (2005) – Jamie Dodd
  • Running with Scissors (2006) – Neil Bookman
  • The Darwin Awards (2006) – Michael Burrows
  • Goodbye Bafana (2007) – James Gregory
  • The Escapist (2008) – Lenny Drake
  • The Red Baron (2008) – Capitán Arthur Roy Brown
  • You Me and Captain Longbridge (2008) – Narrator
  • Spring 1941 (2008) – Artur Planck
  • Against the Current (2009) – Paul Thompson
  • The Games Maker (2014) - Morodian
  • Hércules (2014) - Rei Euristeo
  • Strangerland (2015) - Matthew Parker
  • Psy (2015) - Home americano
  • Risen (2016) - Clavius
  • On Wings of Eagles (2016) - Eric Liddell

Televisión

Vida privada

Está casado coa modelo suíza María Dolores Diéguez, con quen ten dous fillos. A orixe galega da familia Diéguez leva a que o actor visite con frecuencia Trives, onde ten unha casa.[1]

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.