Volgogrado
From Wikipedia, the free encyclopedia
Volgogrado[Cómpre referencia] (en ruso, Волгоград; Volgograd /vɐlɡəˈɡrat/ (axuda · info)) é unha cidade situada na Federación Rusa e antigamente chamada Tsaritsyn entre 1598 e 1925 e Stalingrado entre 1925 e 1961. Está situada no óblast homónimo, na confluencia dos ríos Volga e Tsaritsa. As súas orixes remóntanse á creación dun centro de apoio ao comercio fluvial nas marxes altas do río Volga e para establecer unha cidade fronteiriza no norte do Cáucaso. Alcanzou a fama e o recoñecemento mundial por ser sitio dunha das máis cruentas batallas da segunda guerra mundial, a batalla de Stalingrado, na cal soldados soviéticos resistiron heroicamente os intentos de conquista por parte das forzas nazis entre xuño de 1942 e febreiro de 1943, a un altísimo custo de vidas humanas.
Волгоград (ru) | ||||
Alcume | Волжская твердыня | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Río Volga | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Óblast de Volgogrado | |||
Urban okrug in Russia (en) | Volgograd Urban Okrug (en) | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Dzerzhinskiy District (en) Kirovsky District (en) Krasnoarmeysky District (en) Krasnooktyabrsky District (en) Sovetsky District (en) Traktorozavodsky District (en) Tsentralny District (en) Voroshilovskiy District, Volgograd (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.004.763 (2021) (1.169,69 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 859 km² | |||
Bañado por | Río Volga | |||
Altitude | 80 m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Zasekin (en) , Roman Vasilevich Alferev (en) e Ivan Nashchokin (en) | |||
Creación | 1589 | |||
Evento clave
| ||||
Santo padrón | Alexandre Nevski | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Andrej Kosolapov (en) (2014–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 400001–400138 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 8442 | |||
Identificador OKTMO | 18701000001 | |||
Identificador OKATO | 18401000000 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio do Patrimonio Cultural de Rusia | ||||
Páxina web | volgadmin.ru | |||
Historia
Fundada en 1589 co nome de Tsaritsyn que foi tomado do río Tsaritsa (do tártaro Sary Su, Auga Amarela). A fortaleza foi establecida coa fin de defender a inestable fronte sur do Imperio Tsarista, converténdose co tempo nun importante centro de tránsito e de comercio. Foi capturada polos cosacos en dúas oportunidades, a primeira en 1670 baixo a sublevación encabezada por Stenka Razin, e posteriormente en 1774 por Yemelián Ivánovich Pugachev. A finais do século XIX era un dos máis importantes portos fluviais do Volga.
Durante a guerra civil rusa a cidade e os seus arredores foron centro de grandes combates entre os bolxeviques e os menxeviques, que a tomaron en 1918 baixo o mando de Anton Ivanovich Denikin. Foi recuperada polos revolucionarios ao ano seguinte, para tomar o nome de Stalingrado, por ser Stalin quen a conquistou para o Exército Vermello nunha decisiva vitoria durante a guerra civil. Durante o réxime soviético converteuse nun importante centro industrial altamente perfeccionado, ademais de ser un centro neurálxico para o transporte fluvial e o transporte de bens por ferrocarril.
Durante a segunda guerra mundial (coñecida en Rusia como a Gran Guerra Patriótica) converteuse no centro da máis sanguenta batalla da Historia[Cómpre referencia], a batalla de Stalingrado. Esta foi un episodio decisivo na segunda guerra mundial tanto para o sostemento da resistencia da Unión Soviética contra o Exército de Adolf Hitler, como tamén como punto de crebe do avance nazi durante a guerra. Os exércitos de Alemaña, Italia e Romanía, trataron de tomala como un sitio estratéxico para conquistar a Unión Soviética pero un rápido xiro do millón de homes de Stalin rodearon a cidade e iniciaron unha desesperada resistencia. A batalla iniciouse o 21 de agosto de 1942 e durou ata o 2 de febreiro de 1943, coa rendición do mariscal de campo Friedrich Paulus e todo o VI Exército Alemán.
A batalla custou entre 1.7 e 2 millóns de mortos entre soldados do Eixo e forzas soviéticas. En recoñecemento ao heroísmo mostrado polo Exército Vermello e os seus habitantes, a cidade recibiu a condecoración de "Cidade Heroica" en 1945, ademais recibir de agasallo conmemorativo pola defensa, dunha espada especialmente confeccionada para o efecto por orde do rei do Reino Unido Xurxo VI. A reconstrución da devastada cidade tomou varios anos, durante a cal creouse un gran complexo conmemorativo da batalla chamado Mamaev Kurgan, no outeiro homónimo. Existe un gran museo que mostra pezas e armamento utilizados durante o asedio, tales como o fusil usado polo francotirador Vasili Záitsev, heroe da Unión Soviética e protagonista da película Inimigo ás portas.
Durante o proceso de desestalinización iniciado a fins da década de 1950, a cidade foi rebautizada co nome de Volgogrado, que literalmente significa "cidade do Volga". Este feito foi curiosamente prexudicial para a cidade, xa que ninguén relacionaba a Volgogrado coa famosa cidade da guerra. Ata houbo unha breve pero forte campaña en 1985 durante o goberno de Konstantín Chernenko para retomar o nome que tanta fama lle deu. Ata na actualidade existe un certo grao de apoio para retomar o nome entre a poboación local, aínda que non hai noticias diso de parte do goberno federal[Cómpre referencia].
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volgogrado |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.