From Wikipedia, the free encyclopedia
Josep Irla i Bosch, nado en Sant Feliu de Guíxols, Cataluña, o 24 de outubro de 1874 e finado en Saint-Raphaël, Francia, o 19 de setembro de 1958, foi un político catalán, e Presidente da Generalitat de Cataluña no exilio.
Nome orixinal | (ca) Josep Irla i Bosch |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de outubro de 1874 Sant Feliu de Guíxols, España |
Morte | 19 de setembro de 1958 (83 anos) Saint-Raphaël, Francia |
Lugar de sepultura | Sant Feliu de Guíxols (1981–) |
124º Presidente da Generalitat de Cataluña | |
15 de outubro de 1940 – 7 de maio de 1954 ← Lluís Companys – Josep Tarradellas → | |
3º Presidente do Parlamento de Cataluña | |
1 de outubro de 1938 – 15 de outubro de 1940 ← Joan Casanovas (pt) – Antoni Rovira i Virgili → | |
Provincial Deputy of Girona (en) | |
1911 – 1923 | |
Alcalde de Sant Feliu de Guíxols | |
1906 – 1910 | |
City councillor of Sant Feliu de Guíxols (en) | |
1905 – | |
Deputado do Parlamento de Cataluña | |
Tenente de alcalde Sant Feliu de Guíxols | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | político, empresario |
Partido político | Esquerra Republicana de Catalunya Republican Nationalist Federal Union (en) |
Descrito pola fonte | Q122834026 , (sec:Don José Irla Bosch, p.288) |
Nacido nunha familia de hostaleiros, o máis grande de tres irmáns, creou unha importante empresa de explotación da sobreira. Cabeza do republicanismo catalanista nas comarcas xerundenses, foi alcalde de Sant Feliu de Guíxols (1909) e en 1911 deputado provincial de Xirona e, como tal, membro da Asemblea da Mancomunidade. Coa chegada da República incorporouse a Esquerra Republicana de Catalunya, con quen foi deputado ao Congreso español.
Foi o último presidente do Parlamento de Cataluña (1938) antes do fin da guerra civil. En xaneiro de 1939 exiliouse en Francia, e tras o fusilamento de Lluís Companys (1940) asumiu a presidencia da Generalitat. organizou o goberno ao exilio, con Josep Tarradellas como primeiro conselleiro. Dimitiu en 1954, e morreu o 19 de setembro de 1958 a Saint-Raphaël, Provenza (Francia).[1]
En 1981 os seus restos serían trasladados e inhumados a Sant Feliu de Guíxols, tras recibir honras oficiais. Hoxe en día, a Fundación Josep Irla asumiu a tarefa de manter a honra do presidente e de conservar o seu legado ideolóxico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.