From Wikipedia, the free encyclopedia
Josep Francesc Ràfols i Fontanals, nado en Vilanova i la Geltrú, o 20 de abril de 1889 e finado en Barcelona o 15 de xaneiro de 1965,[1] foi un arquitecto, pintor e historiador de arte catalán. Membro do Cercle Artístic de Sant Lluc, fundou con Josep Llorens i Artigas o grupo artístico Agrupació Courbet. Dedicado máis á teoría ca á práctica da arquitectura, entre as súas obras destaca a Casa Méndiz, en Vilanova (1925), así coma a súa participación nas obras da Sagrada Familia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1889 Vilanova i la Geltrú, España |
Morte | 15 de xaneiro de 1965 (75 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, historiador da arte, pintor, historiador |
Empregador | Universidade Politécnica de Cataluña Escola Massana |
Obra | |
Arquivos en |
|
Foi o primeiro biógrafo de Gaudí (Antoni Gaudí, 1928), profesor de Historia da Arte na Escola Massana desde a súa fundación até 1936[2] e o primeiro en ocupar a Cátedra Gaudí da Universidat Politècnica de Catalunya en 1956. Tamén foi dos primeiros en escribir sobre o Modernismo con El arte modernista catalán, (1943) e Modernismo y modernistas (1949), os primeiros estudos complexos sobre este movemento catalán. Teórico da arquitectura noventista, o seu estudo de Brunelleschi influíu na nova xeración de arquitectos cataláns a través da súa obra Arquitectura del Renaixement italià (1926).
Tamén autor de Pere Blai i l'arquitectura del Renaixement a Catalunya (1934) e El arte romántica en España (1954). O Diccionario Biográfico de Artistas de Cataluña (1951-1954) en tres tomos, posteriormente reeditado, é unha relación exhaustiva de artistas cataláns. Os seus libros, papeis, cartas (como a correspondencia con Joan Miró) e outros documentos consérvanse na Biblioteca de Catalunya.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.