historiador, avogado e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José de Santiago y Gómez, nado en Vigo o 2 de xaneiro de 1858 e finado en Castelló de la Plana en 1922,[1] foi un historiador, avogado e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1858 Vigo, España |
Morte | 1922 (63/64 anos) Castelló de la Plana, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, autor |
Logo de prematuro falecemento do pai, a súa nai, Pastora Gómez, casou con José María Posada, ao que debe a súa formación literaria. Fixo o bacharelato no Instituto de Pontevedra, que rematou en 1875. Estudou Dereito en Santiago de Compostela e en Madrid, onde traballou moitos anos como avogado. Compaxinou o traballo cunha meticulosa pescuda en bibliotecas e arquivos de todo o relacionado coa súa cidade natal e comarca. Foi autor de varios libros, na súa maioría estudos históricos sobre a lingua e a literatura galegas. Deixou á súa morte gran cantidade de obras inacabadas.
Casou con María Polo de Bernabé.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.