Xosé Piñeiro Ares, nado en Pontecesures o 7 de outubro de 1927 e finado no mesmo concello o 10 de decembro de 2001, foi un mestre, escritor e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaXosé Piñeiro Ares
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Pontecesures, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de decembro de 2001 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Pontecesures, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Pontecesures
1970 – 1995
 Severino García SierraVictoriano Trenco Romay  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, escritor, mestre Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1035777 BUSC: pineiro-ares-jose-1927
Pechar

Traxectoria

Fillo de José Piñeiro Silva, secretario do concello de Pontecesures. Profesor de EXB. Cronista Oficial de Pontecesures dende 1953, foi correspondente de La Noche, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, Diario de Pontevedra e Atlántico Diario. Tamén colaborou en Faro de Vigo e en xornais da Arxentina e o Uruguai. Foi nomeado alcalde de Pontecesures o 8 de xullo 1970.[1] Nas primeiras eleccións democráticas presentouse pola UCD e foi elixido alcalde. Volveu ser elixido nas municipais de 1983 pola CIG, nas de 1987 por AP e nas de 1991 polo PPdeG, rematando o seu mandato en 1995 tras perde-la maioría absoluta e pactar os demais grupos a elección do independente Victoriano Trenco Romay. Foi conselleiro da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.

Obras

  • Cerámica de Pontecesures, 1978, Cuadernos del seminario de estudios cerámicos de Sargadelos.
  • La trágica infancia de Agustina Otero Iglesias, 1984.
  • Anotaciones históricas del Ullán, 1985.
  • Semblanza biográfica de Faustino Rey Romero, 1986.
  • La muerte de Faustino Rey Romero, 1989.
  • Historia de Pontecesures, 1989.
  • Historia das feiras do automóbil de ocasión, 1989.
  • Historia de Pontecesures, 1989.
  • Los últimos cien años de Puentecesures, 1989.
  • Ricardo Sendra "O Campás", 1992 (novela).
  • El Foucellas en el Ullán, 1992.
  • Crónicas viajeras Galicia Asturias, 1994.
  • Los placeres de la Bella Otero, 1994.
  • As pranganas do Toucedán, 1995.
  • La historia hablará, 1996.

Premios

  • Medalla de Bronce da Xunta de Galicia en 1993.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.