ebanista e sindicalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José Pasín Romero, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1960, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1878 Santiago de Compostela, España |
Morte | 10 de xullo de 1960 (81/82 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, ebanista |
Familia | |
Fillos | Marcelino Pasín Noya, Modesto Pasín Noya |
Obreiro ebanista de ideario republicano federal, organizou sociedades de distintas profesións, culminando na Federación de Obreros y Agricultores de Santiago y pueblos comarcanos. Fundou os periódicos La Defensa (1913) e Lucha Social (1919-21), órgano da Federación de Obreros y Campesinos, da que foi presidente. Tamén foi director de La Redención (voceiro da Federación de Agricultores de Padrón) na súa última época. A súa participación na folga xeral de 1917 levouno ao castelo de San Antón, onde estivo preso durante varios meses.
Foi o primeiro concelleiro obreiro de Santiago de Compostela nas eleccións municipais de 1909, vencendo a Felipe Romero Donallo. Continuou como concelleiro en Compostela nas sucesivas eleccións ata a ditadura de Primo de Rivera. Volveu ser elixido concelleiro en 1931, nas municipais que trouxeron a Segunda República, formou parte da Federación Republicana Gallega e chegando a ser primeiro tenente de alcalde ata a súa expulsión do Concello en 1934.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, varios falanxistas trataron de detelo, e estivo fuxido durante tres anos polas aldeas dos arredores. Dous dous seus fillos foron asasinados (Marcelino e Modesto) e outro, Luis, salvouse. Finou en Santiago de Compostela o 10 de xullo de 1960.[1]
Casou con Luisa Noya Martínez e foi pai de Marcelino, Modesto, Luis, Laura, Flora, Palmiro e Florentino Pasín Noya.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.