político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Felipe Romero Donallo, nado en 1849 ou 1850[2] e finado en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1923[3], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1850 valor descoñecido |
Morte | 27 de maio de 1923 (72/73 anos) Santiago de Compostela, España |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
1902 – ← Fernando Soldevilla | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Premios | |
Membro do Partido Liberal vinculado a Montero Ríos, foi concelleiro en Santiago de Compostela (1885-1889)[4], deputado provincial, deputado polo distrito de Corcubión (1893-1896 e 1898-1899) e polo da Coruña (1905-1907 e 1907-1910) e senador pola provincia da Coruña (1910-1911). O 13 de febreiro de 1902 foi nomeado gobernador civil da Coruña, posto no que permaneceu uns meses, ata o 11 de decembro. Máis adiante, renunciou á acta do Senado en 1911 logo de ser nomeado por segunda vez gobernador civil da Coruña, cargo que desempeñou entre o 19 de novembro de 1910 e o 3 de xullo de 1913. No 12 de maio de 1911 presentou a súa dimisión por considerar que fora pouco defendido no Congreso dos Deputados de España tras unha interpelación do deputado José Lombardero Franco[5]. Non obstante, a dimisión non lle foi aceptada[6].
Casou con Javiera Nieto Rodríguez. Finou no número 1 da rúa Carreira do Conde de Santiago de Compostela.
Cabaleiro da Orde de Carlos III[7]. Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Agrícola en marzo de 1910[8].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.