político e empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
José María Varela Rendueles, nado en Madrid en 1904 finado na Coruña o 20 de decembro de 1986,[1] foi un avogado, político e empresario español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Madrid, España |
Morte | 20 de decembro de 1986 (81/82 anos) A Coruña, España |
Gobernador civil da provincia de Murcia | |
16 de agosto de 1932 – 13 de setembro de 1933 ← Armando Peñamaría Álvarez | |
Gobernador civil de Biscaia | |
Gobernador civil da provincia de Sevilla | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Período de actividade | - 1936 |
Foi oficial do goberno civil de Biscaia e dende marzo de 1930 do de Pontevedra.[2] Militante de Acción Republicana, durante a Segunda República foi nomeado gobernador civil de Guipúscoa o 30 de decembro de 1931,[3][4][5] o 17 de agosto de 1932 pasou a ser gobernador civil de Murcia.[6] Despois reincorposouse ao seu posto de oficial do goberno civil de Pontevedra. Cando se constituíu a organización de Izquierda Republicana de Pontevedra en maio de 1934, Varela foi nomeado secretario. En novembro de 1934 foi destinado ao goberno civil de Soria.[7] Co triunfo da Fronte Popular, o 22 de febreiro de 1936 foi nomeado gobernador civil de Biscaia,[8][9] e dende o 24 de maio de 1936 foi gobernador de Sevilla.[10][11]
Cando se produciu o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Varela era o gobernador civil de Sevilla. Despois de que o xeneral Queipo Llano sublevara a gornición a tarde do 18, Varela intentou resistir o golpe no goberno civil xunto a outras autoridades, como o xefe dos gardas de Asalto, o comandante José Loureiro. Tamén intentou, sen éxito, que o xefe da Base aérea de Tablada bombardeara as forzas sublevadas que operaban dous canóns.[12] Rexeitou as peticións do líder do PCE sevillano, Saturnino Barneto, para que entregase armas á poboación e poder resistir así o golpe.[13] Despois de que os sublevados disparasen un canonazo contra o goberno civil, Varela chamou por teléfono a Queipo de Llano e acordou a rendición a cambio de que respectara a súa vida.[14] Logo de ser feito prisioneiro,[15] foi enviado á prisión provincial xunto a outros como o alcalde, Horacio Hermoso, ou o presidente da deputación, José Manuel de Puelles.[16]
Posteriormente foi xulgado en consello de guerra e condenado a morte, aínda que finalmente polos bos oficios do xesuíta Ayala e da condesa de Lebrija,[17] a sentenza foi reducida a 30 anos de prisión.[18]
Nas súas memorias (Rebelión en Sevilla: memorias de su gobernador rebelde) xustificou os seus actos o 18 de xullo de 1936, día en que se levantou a guarnición de Sevilla ao mando do xeneral Queipo de Llano, alegando que confiaba "na verdade dos demais e na lealdade dos demais”.
«Se se nos dicía: -Acato a República-, -Estou disposto a servir á República-, -Ten a miña palabra de que serei leal á República-. Esa tiña que ser a verdade e non había dúbida... Aínda sabendo como se sabía que había un complot no cuartel, mantívose a confianza no Exército... Con que dereito dubidar da fidelidade da palabra comprometida por algúns homes que cultivan o honor e o sagrado compromiso de cumprilo? Non sería unha tolemia ofensiva, unha provocación culpable, algún indicio de desconfianza?» (...) «Aínda aquela tarde de xullo de 1936, o coronel Mateos e mais eu nos críamos homes de paz, nunha España desexosa dela, leais ás nosas promesas, crendo na existencia do mesmo espírito pacífico nos demais e atribuíndolle idéntica lealdade aos outros cara ao réxime a cuxo servizo, polo nosa libre vontade estabamos».[19]
Casou en Santiago de Compostela con María de la Concepción Plá Varela en xaneiro de 1931.[20]
Premio Ciudad de Sevilla polo libro Rebelión en Sevilla.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.