Personaxe popular habanero From Wikipedia, the free encyclopedia
José María López Lledín, nado en Vilaseca (Negueira de Muñiz) o 30 de decembro de 1899 e finado na Habana (Cuba) o 11 de xullo de 1985, foi un personaxe popular na cidade da Habana, coñecido polo alcume de El caballero de París.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1899 Vilaseca, España |
Morte | 11 de xullo de 1985 (85 anos) A Habana, Cuba |
Actividade | |
Período de actividade | 1920 - |
Foi o cuarto fillo de Josefa Lledín Méndez e Manuel López Rodríguez. Foi bautizado na igrexa parroquial de san Salvador de Negueira, e con sete anos comezou a estudar na escola de Negueira, na que non chegou a rematar o ensino secundario. Emigrou a Cuba con catorce anos, xunto co resto dos oito fillos da parella. Adquiriu unha certa formación e coñecemento de idiomas e traballou en varios postos, entre outros nalgúns dos mellores hoteis da cidade como oficial de camareiros.
Por motivos que non fican claros, en 1920 foi recluído na prisión habanera do castelo do Príncipe debido a un crime do que non foi autor, aínda que hai diferentes versións do sucedido. Na cadea perdeu a razón. Despois de saír do cárcere a súa vida transcorreu nun vagar constante polas rúas da Habana. As testemuñas da época descríbeno como un home de estatura discreta, de cabelo e barba longos e crechos, e vestido sempre cun traxe e unha capa negros e camisa branca. Camiñaba devagar polas rúas aceptando a hospitalidade de quen lle ofrecía alimento ou abrigo, que pagaba con pequenos obsequios e conversa.
En 1977 foi ingresado no Hospital Psiquiátrico da Habana, dada a súa avanzada idade e precaria saúde. Foi diagnosticado de parafrenia, unha forma de esquizofrenia. Morreu nese mesmo lugar.
Inicialmente foi enterrado no cemiterio de Santiago de las Vegas, na Habana. Os seus restos foron exhumados e transferidos ao convento de San Francisco de Asís. Diante deste convento existe unha estatua de bronce, creada polo escultor cubano José Villa Soberón, que representa o coñecido personaxe.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El caballero de París |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.