Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón, nado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1909 e finado en Tirán (Moaña) o 23 de marzo de 1983[2], foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1909 Santiago de Compostela, España |
Morte | 23 de marzo de 1983 (74 anos) Tirán, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | María Francisca Bolívar Sequeiros |
Fillos | once [1] |
Pai | Amando Castroviejo Nobajas |
Irmáns | Concha Castroviejo |
Parentes | Ricardo Blanco-Cicerón, avó |
Fillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón[3][4]. Pasou a súa infancia e mocidade no lugar de Paizás (parroquia de Trobe, no concello de Vedra)[5], e sobre esa etapa escribiu o libro de recordos Memorias dunha terra (Ed. Galaxia, 1973).
Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Lión[6], onde estivo cunha bolsa de ampliación de estudos en 1931. Durante a súa época de estudante en Santiago pertenceu á Federación Universitaria Escolar. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó, e formou parte do grupo cruzadista.[7] Posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS)[8][9] e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.[10]
Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do golpe de estado de 1936 uniuse ás forzas franquistas, e combateu no exército «nacional».[11] Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego,[12][8] pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas, como Vértice,[13] Amanecer,[14] La Voz de España,[15] ou a revista Escorial,[16][17]. Recibiu varios premios polos seus traballos xornalísticos.[6]
A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento.[18] Unha das súas primeiras publicacións, Altura (1939),[19] tivo unha boa acollida no momento da súa publicación.[11] Tamén cultivou a prosa, seguindo o estilo de Álvaro Cunqueiro,[20] con quen escribiu o libro Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.[2]. Xunto a Cunqueiro publicou tamén a obra gastronómica Teatro venatorio y coquinario gallego (1958).[21] Castroviejo escribiu tamén unha peza teatral, Don Quijote.[22] Colaborou na revista Nós (nº 91, xullo de 1931), co poema "Noroeste". Defendeu o uso da lingua galega fronte a Juan Aparicio, director xeral de Prensa, que consideraba un snobismo que Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traducisen a este idioma o filósofo nacionalsocialista Martin Heidegger.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Casou en 1938 con María Francisca Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.[24]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.