Francisco, papa

papa da igrexa católica From Wikipedia, the free encyclopedia

Francisco, papa

Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936 e finado o 21 de abril de 2025[1] no Vaticano, foi o 266º papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013 ata o seu falecemento.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Súa Santidade
Francisco, papa
Thumb
(2014)
Biografía
Nacemento(es) Jorge Mario Bergoglio
17 de decembro de 1936
Flores (Arxentina)
Morte21 de abril de 2025 (88 anos)
Cidade do Vaticano (Cidade do Vaticano)
Causa da morteictus
insuficiencia circulatoria
Lugar de sepulturabasílica de Santa María a Maior
266º Papa
13 de marzo de 2013 – 21 de abril de 2025 (morte da persoa)
 Bieito XVI – valor descoñecido 
Electo en: conclave de 2013
Patriarca de Occidente
13 de marzo de 2013 – 21 de abril de 2025
 Bieito XVI
Cardeal presbítero
21 de febreiro de 2001 – 13 de marzo de 2013
Bispo diocesano
30 de novembro de 1998 – 13 de marzo de 2013
 Antonio QuarracinoMario Aurelio Poli 
Arcebispo de Buenos Aires
28 de febreiro de 1998 – 13 de marzo de 2013
 Antonio QuarracinoMario Aurelio Poli 
Arcebispo coadxutor
3 de xuño de 1997 – 28 de febreiro de 1998
Bispo titular
20 de maio de 1992 – 3 de xuño de 1997
 Theodor HubrichMieczysław Cisło 
Bispo auxiliar
20 de maio de 1992 – 3 de xuño de 1997
Provincial dos xesuítas da Arxentina e o Uruguai Provincia xesuíta Arxentino-Uruguaia
1973 – 1979
Datos persoais
RelixiónCatolicismo
EducaciónFacultades de Filosofía e Teoloxía de San Miguel
Actividade
Campo de traballoLiteratura cristiá, Ministerio petrino e educación cristiá
Ocupaciónbispo católico latino (1992–2025), bispo católico (1992–2025), sacerdote católico latino (1969–2025), pastor, político, confesor, teólogo, predicador, químico, escritor, autor
ProfesoresCarlos Aldunate Lyon
Orde relixiosaCompañía de Xesús
ConsagraciónAntonio Quarracino
Participou en
marzo de 2013conclave de 2013
abril de 2005conclave de 2005
Obra
Obras destacables
Familia
PaisMario José Bergoglio   e Regina María Sívori
Cronoloxía
21 de abril de 2025morte e funeral do papa Francisco
21 de febreiro de 2001proclamación cardenalicia, per Xoán Paulo II, papa
27 de xuño de 1992consagración (Catedral metropolitana de Buenos Aires), per Antonio Quarracino
13 de decembro de 1969ordenación sacerdotal no rito latino, per Ramón José Castellano
Premios
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteObálky knih,
Treccani's Enciclopedia on line (en)  >>>:Francesco, papa, lang: lingua italiana
Sitio webvatican.va…
Allocine: 765320
Dialnet: 5010163 WikiTree: Bergoglio-2
Pechar

Traxectoria

Jorge Bergoglio naceu no seo dunha familia de orixe italiana, tanto pola parte do pai, Mario José Bergoglio, como da nai, Regina María Sivori. Tiña catro irmáns.

Na Universidade de Buenos Aires licenciouse en Enxeñaría química, e posteriormente ingresou no seminario en Villa Devoto.[2] En marzo de 1958 ingresou no noviciado da Compañía de Xesús (xesuítas). En 1963 estudou humanidades en Chile, e retornou posteriormente a Buenos Aires. Entre 1964 e 1965, Bergoglio foi profesor de literatura e psicoloxía no colexio Inmaculada Concepción de Santa Fe, e en 1966 ensinou as mesmas materias no colexio do Salvador de Buenos Aires, que agora é a Universidade do Salvador.[3]

De 1967 a 1970 estudou teoloxía na Universidade de Buenos Aires, onde progresou primeiro a profesor axudante e finalmente a profesor titular de teoloxía. Recibiu a ordenación sacerdotal o día 13 de decembro de 1969 de man do daquela arcebispo porteño Ramón José Castellano. Foi rapidamente promovido polos xesuítas. En 1973 foi nomeado provincial dos xesuítas para Arxentina, cargo que ocupou ata 1979. De 1980 a 1986 foi director do seminario de San Miguel. Proseguiu os seus estudos en Alemaña e regresou a Arxentina para ser confesor e guía espiritual na cidade de Córdoba. O 27 de xuño de 1992 foi designado bispo auxiliar de Buenos Aires (co título formal de bispo de Auca), consagrado polo daquela arcebispo Antonio Quarracino. Substituíu a Quarracino como arcebispo e primado da Arxentina o 28 de febreiro de 1998.

Entre outros cargos, formou parte da Comisión para América Latina, a Congregación para o Clero, o Consello Pontificio para a Familia, a Congregación para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos, o Consello Ordinario da Secretaría Xeral para o Sínodo dos Bispos e a Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, así como da Conferencia Episcopal Arxentina, que chegou a presidir en dúas ocasións, e do Consello Episcopal Latinoamericanu (CELAM).

Foi creado cardeal no consistorio de 21 de febreiro de 2001, presidido por Xoán Paulo II, e recibiu o título de cardeal-presbítero de San Roberto Belarmino. Catro anos máis tarde participou no conclave celebrado logo do falecemento de Xoán Paulo II, no que foi elixido papa Bieito XVI; malia ser unha elección segreda, segundo os xornalistas Lucio Brunelli e Marco Tosatti (as versións dos dous xornalistas difiren en varios aspectos, mais coinciden neste) tería sido un dos candidatos a papa que supostamente obtivera un maior número de votos, só superado polo cardeal Ratzinger.[4][5][6]

Tivo un especial protagonismo na redacción do Documento de Aparecida que contiña a visión da Igrexa da V Conferencia Xeral do Episcopado Latinoamericano e do Caribe que tivo lugar entre os días 13 e 31 de maio de 2007. Neste documento houbo unha aproximación á teoloxía da liberación.[7]

Pontificado

Logo da renuncia de Bieito XVI, foi elixido papa o 13 de marzo en Roma, despois de tres votacións.

Foi o primeiro papa nacido en América, e o primeiro non europeo en 1200 anos, logo de Gregorio III, que nacera en Siria.[8] Ademais é o primeiro xesuíta, e o primeiro en escoller o nome de Francisco, en homenaxe precisamente ao cofundador da orde dos xesuítas Francisco Xabier[Cómpre referencia], así como a San Francisco de Asís.

O 6 de abril fixo o seu primeiro nomeamento dentro da Curia Romana ao encargar ao freire franciscano galego Xosé Rodríguez Carballo o posto de secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.

En xullo de 2013 publica a súa primeira encíclica Lumen Fidei, na que aborda o que considera a íntima relación entre Fe e Razón e Fe e amor; nela defende, así mesmo, que a fe cristiá ha de ser contraria á intransixencia e estímulo de loita pola xustiza e a paz.

A finais dese mesmo mes viaxou ao Brasil con motivo da Xornada Mundial da Xuventude en Río de Janeiro. Nela defendeu unha visión humanista da economía, esixiu aos gobernantes a erradicación da pobreza e defendeu un Estado laico como marco de diálogo e encontro entre as distintas confesións e sensibilidades.[9] Seguindo unha liña de xestos de austeridade, rexeitou o tradicional papamóbil blindado e elixiu un Fiat Idea e unha escolta reducida, defendeu políticas de inclusión fronte ao que denominou "cultura do descarte" e igualdade de oportunidades para todos.[10] Así mesmo, avalou a loita dos indignados e animou aos mozos a protestar contra a corrupción.[11]

No 2015 publicou a encíclica Laudato si'.

Entre as súas accións de achegamento da Igrexa á xente conta en 2019 a rehabilitación de Ernesto Cardenal[12] ou o aliñamento con Pedro Casaldáliga.

Polémicas

Posición ante a ditadura militar arxentina

Durante parte da ditadura militar arxentina, Bergoglio ocupou o posto de provincial dos xesuítas, pero non sería ata dez anos despois da caída da ditadura cando foi nomeado bispo auxiliar. Porén, algunhas pescudas xornalísticas acúsano de non opoñerse á ditadura. Por exemplo, foi acusado polo xornalista Horacio Verbitsky de non tramitar con dilixencia o traslado de dous sacerdotes xesuítas, Francisco Jalics e Orlando Yorio, que posteriormente foron torturados. En relación a este caso, Jorge Bergoglio declarou como testemuña no xuízo por crimes de lesa humanidade cometidos na Escuela Superior de Mecánica de la Armada, o maior centro clandestino de detencións e torturas durante o réxime militar. Bergoglio contou na súa obra El jesuita que se reunira en dúas ocasións cos militares Jorge Videla e Emilio Massera para interceder polos sacerdotes presos.[13][14][15] Tamén foi chamado a declarar como testemuña, a petición da Fiscalía e da asociación das Nais de Praza de Maio, en relación coa apropiación por parte dos militares dos bebés nados en cativerio durante a ditadura. O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel sinalou que o daquela sacerdote Bergoglio non tivera relación coa ditadura.[16]

Matrimonio homosexual

En sintonía co posicionamento da Igrexa Católica, o bispo Bergoglio posicionárase contra o aborto, a eutanasia e o matrimonio homosexual. O bispo Bergoglio cualificou o proxecto lexislativo de legalización da unión entre persoas do mesmo sexo como a pretensión destrutiva do plan de Deus, chamando a unha guerra de Deus contra o proxecto, tamén cualificado coma movida do Diaño.[17]

Porén, en 2013, nunha entrevista no voo de regreso da súa primeira viaxe como papa, Francisco declarou que el non era ninguén para xulgar os homosexuais.[18]

Vida persoal

Ademais do seu castelán materno, falaba italiano e alemán con fluidez.[19]

De neno extirpáronlle un pulmón a causa dunha enfermidade infecciosa.[20]

Ascendentes [21]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. José Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
8. Francisco Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Giacchino
 
 
 
 
 
 
 
4. Juan Ángel Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18.
 
 
 
 
 
 
 
9. María Teresa Bugnano
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19.
 
 
 
 
 
 
 
2. Mario José Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. César Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
10. Pedro Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. María Sugliano
 
 
 
 
 
 
 
5. Rosa Margarita Vasallo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. José Crema
 
 
 
 
 
 
 
11. Ángela Crema
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Ángela María Marchisio
 
 
 
 
 
 
 
1. Jorge Mario Bergoglio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Antonio Sívori
 
 
 
 
 
 
 
12. Vicente Jerónimo Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Catalina Daneri
 
 
 
 
 
 
 
6. Francisco Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. José Sturla
 
 
 
 
 
 
 
13. Catalina Sturla
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Magdalena Pinasco
 
 
 
 
 
 
 
3. Regina María Sívori
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Jaime Gogna
 
 
 
 
 
 
 
14. Pedro Juan Gogna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29.
 
 
 
 
 
 
 
7. María Gogna
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Demergazzo
 
 
 
 
 
 
 
15. Regina Demergazzo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. María
 
 
 
 
 
 

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.