Ilustrador e arquitecto galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Jorge Campos Sánchez, máis coñecido como Jorge Campos, nado en Ourense en 1982, é un ilustrador,[1] autor de banda deseñada e arquitecto galego.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador , arquitecto |
É licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño. Realizou ilustracións para web e traballou no deseño de logotipos, carteis, camisetas e calendarios. Tamén participou en varias exposicións colectivas e revistas. Como arquitecto, traballou para varios estudios, entre eles o de Pernas Varela Arquitectos, formando parte do equipo gañador do Premio Juana de Vega de Arquitectura no ano 2011.[3]
É socio traballador en 7 H Cooperativa Cultural e colabora de forma habitual en actividades culturais, colectivas e fanzines.[4]
Nas redes sociais é @ilustratecto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.