matemático británico From Wikipedia, the free encyclopedia
John Horton Conway, nado en Liverpool o 26 de decembro de 1937 e finado en Princeton (Nova Jersey) o 11 de abril de 2020,[1][2] foi un matemático británico, especialista na teoría de grupos[3] (teoría de grupos finitos), na teoría de nós, na teoría de números,[4] na teoría de xogos e na teoría de códigos. Tamén fixo contribucións en moitas ramas das matemáticas recreativas, sobre todo coa invención do autómata celular chamado xogo da vida.
Conway naceu en 1937 en Liverpool, fillo de Cyril Horton Conway e Agnes Boyce.[5] Interesouse nas matemáticas dende moi novo. Aos once anos a súa ambición era converterse en matemático.[6][7] Tras deixar o sixth form, estudou matemáticas no Gonville and Caius College, Cambridge.[5] "Adolescente terriblemente introvertido" na escola, tomou a súa admisión en Cambridge como unha oportunidade para volverse extravertido, un cambio que lle valeu o alcume do "matemático máis carismático do mundo".[8][9]
Conway recibiu o título de Bachelor of Arts en 1959, e supervisado por Harold Davenport, comezou a investigar en teoría de números. Tras solucionar o problema aberto proposto por Davenport sobre escritura de números como sumas de potencias quintas, Conway comezou a interesarse nos ordinais infinitos.[7] Parece que o seu interese nos xogos comezou durante os seus anos de estudo no Cambridge Mathematical Tripos, onde se tornou nun ávido xogador de backgammon. Recibiu o doutoramento en 1964 e foi nomeado College Fellow and Lecturer in Mathematics no Sidney Sussex College, Cambridge.[10] Tras deixar Cambridge en 1986, aceptou a cátedra John von Neumann de matemáticas na Universidade de Princeton.[10]
Entre os matemáticos afeccionados, foi coñecido pola súa teoría de xogos combinatorios, en particular por ser o creador edo xogo da vida, que foi presentado por Martin Gardner en 1970.[11] Tamén foi un dos inventores do xogo do drago, así como do phutball e realizou análises detalladas de moitos outros xogos e problemas, como o cubo Soma.
Inventou un novo sistema numérico, os números surreais, que se atopan estreitamente relacionados con certos xogos e foron obxecto dunha novela matemática de Donald Knuth.[12] Tamén ideou unha notación para números extremadamente longos, a notación de frecha encadeada de Conway.
Ata o seu falecemento foi profesor de matemáticas na Universidade de Princeton. En 1981 foi elixido membro da Royal Society.[13]
Faleceu aos oitenta e dous anos en Princeton o 11 de abril de 2020 a causa da COVID-19.[14][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.