Johannes Steinhoff, nado o 15 de setembro de 1913 e finado o 21 de febreiro de 1994,[1] foi un piloto de caza alemán da Luftwaffe na Segunda guerra mundial, e máis tarde, oficial superior da Forza Aérea de Alemaña Occidental (RFA) e comandante militar da OTAN.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaJohannes Steinhoff
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Bottendorf, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte21 de febreiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Pech, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVillip Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inspector da Força Aérea Alemã (pt) Traducir
2 de setembro de 1966 – 31 de decembro de 1970 – Günther Rall  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemán
Actividade
Ocupaciónaviador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeAlemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Rama militarLuftwaffe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsCharlotte Steinhoff Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 170565671 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Steinhoff foi un dos poucos pilotos da Luftwaffe que sobreviviu voando operativamente entre 1939 e 1945. Derrubou 176 avións dos aliados e foi un dos primeiros en voar o caza a reacción Me-262 en combate, sendo membro "escuadrón de ases" JV 44, dirixido por Adolf Galland.[2]

Traxectoria

Steinhoff naceu en Bottendorf, na provincia de Saxonia, fillo dun leiteiro e dunha ama de casa, tivo dous irmáns, Bernard e Wolf.

Antes da guerra estudou para converterse en profesor na Universidade de Jena, pero non puido atopar traballo. Despois alistouse na Kriegsmarine, onde serviu durante un ano como cadete aéreo naval. Steinhoff trasladouse á Luftwaffe antes de que Hermann Göring se convertese no seu comandante en xefe en 1935. Participou no motín contra Göring.[3]

Segunda guerra mundial

A súa primeira experiencia de combate foi en 1939, cando a súa unidade interceptou bombardeiros Vicker Wellington que atacaron a industria naval na rexión de Wilhelmshaven. Tamén foi nomeado Staffelkapitän do 10. / JG 26 nese período. En febreiro de 1940, foi trasladado a 4. / JG 52, e servindo alí durante a Campaña de Francia e a Batalla de Inglaterra.

Ao final dese período, a puntuación de Steinhoff avanzara a seis abatementos; mostrou capacidade de transmitir os seus coñecementos na formación de novos pilotos.

En xuño de 1941, o JG 52 participou en operacións ofensivas contra a Unión Soviética, converténdose nunha das unidades da Luftwaffe con maior número de abatemento de avións aliados abatidos. O propio Steinhoff afirmou que, no primeiro mes, 28 avións soviéticos foran derrubados. Permaneceu no JG 52 até marzo de 1943. Foi derrubado, queimándoselle a cara e as pálpebras, polo que tivo que levar lentes escuras desde entón até a súa morte.[3]

Condecoracións

  • Cruz de ferro (1939) (Alemaña nazi)
    • 2ª clase
    • 1ª clase
  • Trofeo de Honra da Luftwaffe (18 de agosto de 1941)
  • Insignia de voo frontal da Luftwaffe en dourada con bandeira "900"
  • Insignia de piloto/observador (Alemaña nazi)
  • Distintivo de Ferido en ouro (Alemaña nazi)
  • Cruz de Cabaleiro da Cruz de Ferro (30 de agosto de 1941)
    • Follas de carballo (2 de setembro de 1942)
    • Espadas (28 de xullo de 1944)
  • Medalla Anschluss (Alemaña nazi)
  • Medalla de Sudetes (Alemaña nazi)
  • Medalla Oriental (Alemaña nazi)
  • Medalla Militar de Longo Servizo (Alemaña nazi)
  • Orde do Mérito da República Federal de Alemaña (4 de xullo de 1972)
  • Lexión do Mérito dos EEUU (1970)
  • Lexión de Honra de Francia (marzo de 1972)

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.