compositor alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Johann Friedrich Agricola, nado o 4 de xaneiro de 1720 en Dobitschen (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) e finado o 2 de decembro de 1774 en Berlín, foi un compositor, organista, cantante, pedagogo e escritor sobre música alemán. Ás veces escribiu baixo o pseudónimo Flavio Anicio Olibrio.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1720 Dobitschen, Alemaña (pt) |
Morte | 2 de decembro de 1774 (54 anos) Berlín, Alemaña |
Outros nomes | Flavio Anicio Olibrio |
Actividade | |
Ocupación | compositor, director de orquestra, teórico da música, cantante, organista, musicólogo, director musical |
Empregador | Berlin State Opera (en) |
Xénero artístico | Ópera |
Movemento | Música barroca |
Profesores | Johann Sebastian Bach e Johann Joachim Quantz |
Alumnos | Ludwig Rellstab |
Instrumento | Órgano e voz |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Agricola naceu en Dobitschen, Turinxia. Cando era estudante de dereito en Leipzig, entre 1738 e 1741, estudou música con Johann Sebastian Bach e converteuse no seu xenro. En 1741 marchou a Berlín, onde estudou composición con Johann Joachim Quantz.[1]
Pronto foi recoñecido como un dos máis recoñecidos organistas do seu tempo. O éxito da súa ópera cómica Il filosofo convinto in amore, estreada en Potsdam en 1750, levouno a ser nomeado compositor na corte de Frederico o Grande. En 1759, logo da morte de Carl Heinrich Graun, foi nomeado director da orquestra real.[1] Casou coa destacada soprano operística Benedetta Emilia Molteni, a pesar da prohibición do rei de que os traballadores da corte casasen entre eles. Isto motivou a redución dos salarios combinados de Molteni e Agricola a un salario único anual de 1.000 táleros (O salario anual de Agricola só era antes de 1.500 táleros).[2] Agricola morreu en Berlín aos 54 anos.
Durante a súa vida, Agricola escribiu numerosas óperas italianas, así como Lieder, preludios corais, obras variadas para teclado e música relixiosa, especialmente oratorios e cantata. A súa reputación reside, con todo, nos seus escritos teóricos e críticos sobre temas musicais.[1] En 1754 foi coautor, xunto con Carl Philipp Emanuel Bach, dun obituario a J.S. Bach. O seu Anleitung zur Singekunst (Introdución á Arte do Canto) de 1757 é unha tradución do tratado de 1723 de Pier Francesco Tosi Opinioni de' cantori antichi e moderni con extensos comentarios do propio Agricola. Editou e engadiu extensos comentarios á edición de 1768 (póstuma) da obra de Jakob Adlung Musica mechanica organoedi. As súas anotación son consideradas unha importante fonte de información sobre os puntos de vista de J. S. Bach sobre os deseños do fortepiano de Gottfried Silbermann, o laúde-harpsicordio, e na construción de órganos.[3] É tamén destacado nos estudos de Bach como un dos copistas de Das Wohltemperierte Klavier (O cravo ben temperado) e Matthäus-Passion (A paixón segundo San Mateo).[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.