baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Richard Elmer "Joey" Dorsey, nado o 16 de decembro de 1983 en Baltimore (Maryland) é un ex-xogador de baloncesto profesional estadounidense. Xogou na universidade para os Memphis Tigers, onde foi coñecido por liderar ao equipo a gañar o campionato da NCAA de 2008, xunto con Derrick Rose e Chris Douglas-Roberts durante o seu ano coma sénior.
Dorsey foi escollido na 33ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Portland Trail Blazers. Tras o Draft, foi traspasado aos Houston Rockets a cambio dos dereitos do draft da 25ª elección, Nicolas Batum.
Na tempada 2008-09, Dorsey xogou e 3 partidos, anotando un total de 2 puntos, capturando un rebote e dando unha asistencia.
Os Rockets asignaron a Dorsey dúas veces aos Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[1]
O 5 de febreiro de 2010, despois de ser chamado de volta da D-League, Dorsey xogou 19 minutos, o máximo na súa carreira, e capturou 12 rebotes.[2]
O 18 de febreiro de 2010, Dorsey foi traspasado aos Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos, que tamén enviou a Tracy McGrady aos New York Knicks.[3] O 28 de marzo, Dorsey foi despedido dos Kings.[4]
O 4 de abril de 2010, Dorsey asignou un contrato cos Toronto Raptors.[5]
O 19 de xullo de 2014, Dorsey asinou cos Houston Rockets.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.