Remove ads

Joaquín Vázquez González,[1] nado en Badaxoz o 26 de agosto de 1897 e finado o 21 de outubro de 1965, foi un futbolista español, que xogaba como extremo dereito.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaJoaquín Vázquez
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Joaquín Vázquez González Editar o valor en Wikidata
26 de agosto de 1897 Editar o valor en Wikidata
Badaxoz, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de outubro de 1965 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1909 Editar o valor en Wikidata - 1930 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1914–1915 Racing Club de Irún
1915–1919   Real Unión 9(0)
1919–1919   Racing de Ferrol 0(0)
1919–1921   Deportivo da Coruña 3(2)
1922–1925   Real Unión 18(10)
1925–1928   Deportivo da Coruña 33(15)
1928–1930   Cultural Leonesa 35(5)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1920–1920   España 1(0)
Participou en
1920Xogos Olímpicos de 1920 Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: joaquin-vazquez Editar o valor en Wikidata
Pechar

Fillo dun galego e unha salmantina e criado en Irún, foi o primeiro xogador nacido en Estremadura en vestir a camiseta da selección española e o primeiro deportista da rexión en participar nuns Xogos Olímpicos. Foi tamén o primeiro medallista estremeño, coa medalla de prata que logrou en Anveres 1920, cando militaba no Deportivo da Coruña.

Remove ads

Traxectoria

Naceu en Badaxoz sendo fillo de Camilo Vázquez Villar, un carabineiro galego destinado na cidade estremeña, e da salmantina Concepción González Almeida.[1] Sendo Joaquín neno, seu pai foi destinado á fronteira de Irún, onde o fillo comezou a practicar fútbol, ao tempo que se iniciaba como aprendiz de zapateiro. Xogou no Deportivo Irunés e no Racing de Irún, co que participou no Campionato Rexional Norte. Trala fusión do Racing co Irún Sporting Club en 1915, pasou a militar no novo club, o Real Unión.[1] Disputou o Campionato de Guipúscoa e a Copa do Rei, da que se proclamou campión por primeira vez en 1918.

En 1919 foi destinado a Ferrol para realizar o servizo militar e ingresou no equipo do Racing de Ferrol, que acababa de nacer trala fusión de dous clubs xa existentes. Axiña comezou a destacar e o 4 de agosto de 1919 fichou polo Deportivo da Coruña.[2] A súa marcha de Ferrol provocoulle problemas con algúns seareiros da cidade, que chegaron a darlle unha malleira.[3] Disputou o Campionato de Galicia na tempada 1919/20, torneo que quedou reducido a só dous equipos (Deportivo e Vigo Sporting) e dous partidos, anotando Vázquez no segundo deles o seu primeiro gol como deportivista.[4]

En xullo de 1920 incorporouse aos adestramentos da selección española e disputou en Vigo dous partidos que servirían para que o seleccionador Paco Bru definise o equipo que participaría nos Xogos Olímpicos de 1920 en Anveres. Vázquez anotou un gol no primeiro encontro e un triplete no segundo, sendo finalmente un dos seleccionados para as primeiras Olimpíadas do combinado español.[5] Foi titular no primeiro encontro, a vitoria sobre Dinamarca en Bruxelas, e aínda que non volveu xogar durante o torneo, o seu equipo acadou a medalla de prata.[5]

Tralos Xogos continuou no Deportivo da Coruña, pero pouco despois regresou ao Real Unión. Na tempada 1923/24 conquistou o campionato guipuscoano e tamén a súa segunda Copa do Rei, anotando tres goles durante o torneo e sendo titular na final contra o Real Madrid no campo de Atotxa.[6]

En 1925 iniciou a súa segunda etapa no Deportivo da Coruña, na cal disputou 33 partidos oficiais nos que marcou 15 goles, contribuíndo a que o equipo conquistase dous Campionatos de Galicia por diante do seu máximo rival, o Celta de Vigo. En 1928 pasou á Cultural Leonesa, coa que disputou a primeira edición da Segunda División, aínda que o fixo no Grupo B (que funcionaba como terceira categoría), conseguindo o ascenso ao grupo unificado da tempada 1929/30. Disputou un total de 35 encontros co equipo leonés, co que marcou 5 goles, antes da súa retirada en 1930.

Remove ads

Clubs

Máis información Club, Anos ...
Pechar

Notas

Remove ads

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads