futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Joan Babot i Xaus, nado en Sant Joan Despí o 19 de setembro de 1918 e finado en Barcelona o 16 de marzo de 1997,[1] foi un futbolista español, que xogaba como defensa central.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1918 Sant Joan Despí, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 16 de marzo de 1997 (78 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Comezou a xogar ao fútbol no Sant Joan, da súa localidade natal, Sant Joan Despí, antes de ingresar en 1932 na canteira do FC Barcelona. Xogou co primeiro equipo durante a Guerra Civil e foi un dos xogadores que realizou a xira por América do Norte en 1937, durante a cal disputou 14 partidos en México e nos Estados Unidos.[2] Ao remate da xira, foi un dos poucos futbolistas que regresou a Cataluña.[3] Durante estes anos gañou a Liga Mediterránea, a Liga Catalana e o Campionato de Cataluña. Na campaña 1941/42 xogou no AD Ferroviaria de Madrid, na Segunda División.
En 1942 volveu a Cataluña para xogar no Gimnàstic de Tarragona, onde en seis tempadas pasou de militar na cuarta categoría do fútbol español á Primeira División, chegando a ser capitán do equipo.[3][4] Na tempada 1947/48 debutou no Nàstic na máxima categoría, disputando un total de 25 partidos nos que marcou un gol.[5] En xaneiro de 1948 venceron ao Real Madrid no Novo Chamartín por 1-3, na que foi a primeira derrota do conxunto branco no seu novo estadio.
A continuación xogou no Real Valladolid durante un total de 3 tempadas, nas que disputou 77 partidos de Primeira.[3][5] En xuño de 1950 reforzou o Atlético de Madrid para a disputa da quinta edición do Trofeo Teresa Herrera, que o equipo madrileño perdeu ante a Lazio, e tamén para as semifinais da Copa Latina ante o Girondins de Bordeos, partido no que marcou un gol en propia meta.[6]
En 1951, con case 33 anos, fichou polo Espanyol, onde non dispuxo apenas de minutos, disputando só 3 partidos de liga, nos que marcou un gol.[3][5] Antes de rematar a tempada saíu cedido ao Sant Andreu, onde coincidiu con outros espanyolistas como Antoni Cruellas e David Casamitjana.[5] Retirouse definitivamente en 1953.[3][5][7]
En Sant Joan Despí dispútase un torneo de fútbol que leva o seu nome.[8]
Xogou un partido coa selección catalá en 1948.[9] En febreiro de 1951 foi convocado pola selección española pero non chegou a debutar.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.